Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este xoves comezou a entrega dos carnés aos vendedoras ambulantes do mercado semanal de Tui

Un total de 157 vendedores teñen toda a documentación ao día para exercer a actividade os xoves

Un total de 157 vendedores teñen toda a documentación ao día para exercer a actividade os xoves

Fecha: 20 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O concello de Tui comezou hoxe a entrega dos carnés aos vendedores ambulantes que acoden semanalmente ao mercado que se celebra os xoves na cidade. Este é un novo paso dado no traballo de regularización do mercado dos xoves que se está dando dende o Concello.

O novo carné, correspondente ao ano 2018, no que figura o nome, DNI, situación do posto, sector...entre outros datos, garante que o vendedor está ao día nas súas obrigas tributarias co concello no pago das taxas correspondentes. Precisamente a posta ao día do cobro destas taxas iniciada a comezos de ano supuxo unha recadación de case 14 mil euros ata o mes de maio. A comezos de ano terán que satisfacer as cotas do novo trimestre polo que se lles renovará o carné xa con data de 2019.

A entrega de carnés, un total de 157, segundo explicaba a concelleira do Mercado Mila González, completarase o próximo xoves. Dende entón todos os vendedores deberán ter nun lugar visible do posto este documento, un feito que facilitará ao tempo aos axentes da Policía Local o control do mercado. Todo aquel que non posúa ao carné significará que non está ao día no pago da taxas ou documentación requirida, polo que non poderá exercer a venda ambulante en Tui ata regularizar a súa situación.

Mila González explica amais coma este proceso de regularización dos postos do mercado foi un proceso longo e minucioso, que garante así que todos os vendedores exercen a súa actividade nas mesmas condicións, e non se rexistran casos de competencia desleal. Por outra parte informa tamén que dende o Concello se continua a traballar no cambio de emprazamento do Mercado Semanal dos xoves, sobre a proposta de trasladalo cara a prolongación da rúa Casal Aboy, evitando así o peche de varias rúas do centro urbano.

A edil agradecer tamén a colaboración da Concellería de Seguridade na posta a dispor dos dos axentes da Policía Local para levar a cabo este labor de control, de suma importancia.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, considera que o traballo co mercado do xoves que se ten levado a cabo por parte da concelleira Mila González é un exemplo de excelencia na xestión, hoxe o mercado está organizado, están todos os que son, son todos os que están e todos deben estar ao día nos pagamentos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones