Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este xoves na Biblioteca Municipal o Bardo Abelardo presenta -A música da auga-

Este contacontos musical forma parte da programación do Día da Biblioteca

Este contacontos musical forma parte da programación do Día da Biblioteca

Fecha: 17 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de outubro, ás 18 h o contacontos musical "A música da auga" a cargo do Bardo Abelardo. Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.

"A música da auga" é un conto musical que pon en valor a parte feminina das nosas vidas: a auga, a terra, a tenrura, a paz e solidariedade e acabar así con todo tipo de violencias.

O programa de actividades do Mes da Biblioteca organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui continuarán coas seguintes propostas:
Do luns 21 ao domingo 27 de outubro, a Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros descatalogados ou procedentes de doazóns a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.

Xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18.00 h na Biblioteca Pública Municipal "A pirata escarlata" con Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura. Esta actividade trata de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Vai dirixida a nenas e nenos de 4 a 11 anos de idade.

Sábado, 26 de outubro, saída ás 17 h da Biblioteca Pública Municipal da Ruta Literaria guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Realizará un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras.

Esta actividades forman parte do programa Ler conta moito en igualdade da Consellería de Cultura e Turismo dentro das actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia e que forma parte do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones