Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE XOVES, ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE NAS TRES ÚLTIMAS ANDAINAS DO 2015

Preinscrición: dende o luns 17 de agosto ata o xoves 27 de agosto.

Preinscrición: dende o luns 17 de agosto ata o xoves 27 de agosto.

Fecha: 27 de Agosto de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A Concellería de Deportes organiza a actividade "ANDAINAS 2015" que oferta oito andainas ó longo do presente ano. En febreiro deu comezou e nos meses de xullo e agosto esta actividade paralizouse polo verán e continua coa sexta andaina en setembro.

Todos os interesados en realizar a tres andainas previstas deben inscribirse previamente ata o xoves 27 de agosto. A inscrición realízase no Concello co departamento de deporte, tamén pódese contactar no tel. 986.610.000 (deporte) ou a través dun email a deporte@aguarda.es

O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Teñen prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas.

O venres 28 de agosto elaborarase a relación de participantes que serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o venres 4 de setembro para efectuar o pago da actividade.

Listado de andainas:
• 12 de SETEMBRO: ANDAINA 6: FRAGA DE COIRO (CANGAS)
• 3 de OUTUBRO: ANDAINA 7: ROTEIRO POLOS MONTES DA PEDRADA E DA MAGDALENA (TOMIÑO)
• 7 de NOVEMBRO: ANDAINA 8: FARO BUDIÑO E ROCHA DO PIANISTA (OPORRIÑO)


PRAZOS DA INSCRICCIÓN DA 2ª TANDA: andainas de setembro, outubro e novembro.

 

  • Preinscrición: dende o luns 17 de agosto ata o xoves 27 de agosto.

 

  • Listado de inscritos: venres 28 de agosto.

 

  • Pago: do 28 de agosto ata o venres 4 de setembro

 

ANDAINA 6: FRAGA DE COIRO (CANGAS)

Data: 12 de SETEMBRO

Distancia: 16 km

Saída: 8.00 h. da explanada da Sangriña

Hora aproximada de chegada A Guarda: 20.00 h.

Prezo: Adultos 10 €; menores 18 anos 5 €

Ruta guiada por Ramón Varela

 

Descrición: Comezamos esta ruta no porto de Cangas e logo de atravesar varias rúas chegamos á Igrexa de Coiro. Desde aquí adentrámonos na Fraga de Coiro onde na súa espesura teremos unha puntual e curta subida antes de chegar ó miradoiro de Ermelo, que nos ofrece unha fermosa panorámica das rías do norte. Pasado o pobo de Ermelo chegamos ó monte de Paralaia onde a vista da ría de Vigo sorprenderá ós camiñantes. Xa desde aquí por un antigo camiño baixaremos cara Moaña, entrando pola Igrexa de San Martiño, declarada patrimonio nacional. O autobús recolleranos no porto de Moaña.

 

ANDAINA 7:  ROTEIRO POLOS MONTES DA PEDRADA E DA MAGDALENA (TOMIÑO)

Data : 3 de OUTUBRO

Distancia: 15 km

Saída: 8.30 h. da explanada da Sangriña

Hora aproximada de chegada A Guarda: 18.00 h

Prezo: Adultos  6 €; menores 18 anos 3 €

Ruta guiada por Ignacio González

 

Descrición: Esta andaina lévanos novamente á serra da Groba, na confluencia dos concellos de Tomiño, Gondomar e Oia. Percorreranse enclaves de alto valor paisaxístico que ofrecen excelentes miradoiros desde os que se domina unha ampla panorámica das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor.

 

ANDAINA 8: FARO BUDIÑO E ROCHA DO PIANISTA (OPORRIÑO)       

Data: 7 DE NOVEMBRO 

Distancia: 19 km

Saída: 8.00 h. da explanada da Sangriña

Hora aproximada de chegada A Guarda: 19.00 h.

Prezo: Adultos 8 €; menores 18 anos 4 €

 

Descrición: A ruta percorre o concello do Porriño e comeza subindo ó Faro de Budiño desde onde contemplamos o val de Louriña e do Norte de Portugal e se o día o permite o monte de Santa Trega. Na parroquia de Cans o "Penedo do pianista", ou "Beethoven", cunha altitude de 355m está situado no monte Castelo e recibe o seu nome pola peculiar forma da roca granítica que se sitúa no cume que vista desde o noroeste se parece á figura dun pianista sentado diante dun piano, en actitude de meditación. 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones