Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ETHEL VÁZQUEZ AVOGA POLA COORDINACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS E COLECTIVOS PARA ACADAR UNHA CONFIGURACIÓN CONSENSUADA DO CARRIL BICI DA ESTRADA PO-552, ENTRE BAIONA E A GUARDA

Precisa que a solución técnica que finalmente se propoña deberá contar coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, con quen se está a traballar de xeito coordinado

A Xunta reuniuse o mes pasado coas agrupacións de ciclistas para escoitar as súas opinións e convidalos a que trasladasen as súas propostas

Fecha: 20 de Abril de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo cos alcaldes de Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda coa fin de que os distintos colectivos e administracións implicadas traballen da man para acadar consenso na configuración do carril bici da estrada PO-552, entre Baiona e A Guarda. Vázquez destacou a importancia de determinar unha solución que garanta unha maior seguridade viaria e satisfaga a todos os usuarios que empregan habitualmente esta estrada.

A Xunta celebrou hai un mes unha xuntanza coas agrupacións de ciclistas, para tratar este asunto, escoitar as súas opinións e convidalos a que trasladasen as súas propostas. Así, nesta liña de diálogo, hoxe na reunión participan os alcaldes dos municipios polos que transcorre este carril bici para analizar a configuración deste itinerario de maneira que atenda e satisfaga a todos os usuarios que empregan esta vía.

A titular de Infraestruturas indicou que os técnicos da Xunta xa están a estudar as posibilidades de actuación no carril bici, para facer compatibles os distintos usos que se lle dá a esta infraestrutura: atendendo ás demandas dos ciclistas deportistas, pero tamén tendo en conta as necesidades dos peóns e daqueles ciclistas que non realizan un uso deportivo do carril bici, e que precisan tamén de protección ante o automóbil.

A conselleira precisou que a solución técnica que finalmente se propoña deberá contar coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, con quen se está a traballar de maneira coordinada, tanto no deseño deste carril bici como no desenvolvemento de campañas específicas de seguridade viaria que redunden na protección daqueles usuarios máis vulnerables: peóns e ciclistas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones