Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ETHEL VÁZQUEZ REITERA A DETERMINACIÓN DA XUNTA DE AVANZAR NA VAP TUI-A GUARDA

A conselleira apuntou que o cambio nos fondos non muda o compromiso co eixe Tui-A Guarda

No polígono de Areas en Tui conflúen a futura VAP á Guarda, a Autovía A-55 que une Vigo con Portugal, a N-551 que leva á ponte internacional e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño

Fecha: 28 de Abril de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reiterou hoxe a determinación da Xunta de avanzar na Vía de Altas de Prestacións entre Tui e A Guarda e mostra desa vontade é que o vindeiro mes de maio iniciarase a contratación do proxecto construtivo do novo enlace de Areas, cuxas obras comezarán o próximo ano mediante o investimento de arredor de 12 millóns de euros. Así o manifestou hoxe a conselleira nunha rolda de prensa, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Vázquez adiantou que nas vindeiras semanas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio da contratación do novo tramo para comezar a redacción no verán. Ademais, comezarase o proceso de información pública deste treito para poder iniciar as expropiacións dos terreos afectados. Sinalou que esta información xa foi trasladada aos alcaldes dos Concellos do Baixo Miño, aos que se lle enviou unha misiva para reiterar a determinación do Goberno galego de executar esta infraestrutura e dos pasos previstos para facela realmente viable.

A conselleira remarcou que o seu departamento, agora que as previsións económicas e a solvencia da Xunta o permiten, quere seguir avanzando nesta infraestrutura. Neste sentido, na Consellería fíxose unha fonda análise dos treitos pendentes que permitiu chegar á conclusión de que o primeiro tramo a retomar debe ser o que afecta ao Concello de Tui, concretamente no polígono de Areas. Concretou que neste punto conflúen a futura VAP á Guarda, a Autovía A-55 que une Vigo con Portugal, a N-551 que leva á ponte internacional e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais conecta un polígono empresarial que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.

Ethel Vázquez salientou que xa se ten acadado unha solución de consenso, dialogada con empresarios e veciños que posibilita movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas.

A responsable de Infraestruturas salientou que exemplo desa vontade do Goberno galego tamén é o investimento realizado de 60 millóns de euros no treito que conecta Goián coa Guarda, a pesar da recesión económica destes últimos ano. Concretou que grazas a ese orzamento, dende o ano 2014 hai 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

No que se refire aos fondos económicos, a conselleira aclarou que a Xunta levou a cabo unha operación presupostaria destinada exclusivamente a optimizar a execución dos Orzamentos. Trátase de cartos procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial que o Goberno central transfire á comunidade para financiar determinados proxectos e requiren dunha xestión e unha xustificación esixentes e que, polo tanto, deben ser asignados ás actuacións que maiores facilidades teñan para o cumprimento dos seus requisitos. Son cartos que se reciben unha vez que se certifica a obra e os responsables da execución orzamentaria da Xunta constataron que a obra que estaba en condicións de adecuarse a eses requisitos nos prazos necesarios era a do desdobramento do Corredor do Morrazo.

A conselleira precisou que de non ter movido eses fondos á autovía do Morrazo, Galicia podería perder eses 3 millóns de euros de fondos estatais que lle corresponden. Non obstante, apuntou que o cambio nos fondos non muda o compromiso co eixe Tui-A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones