Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EUROCIDADE TUI-VALENÇA PRESENTOUSE EN FITUR COMA DESTINO ÚNICO E PRIVILEXIADO EN ESPAÑA

Durante 25 minutos expuxéronse as potencialidades das dúas cidades coa proxección dun vídeo e a intervención dos dous mandatarios

Durante 25 minutos expuxéronse as potencialidades das dúas cidades coa proxección dun vídeo e a intervención dos dous mandatarios

Fecha: 21 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro convidou esta tarde en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid, a coñecer unha Eurocidade única en España. Coa súa intervención remataba a presentación da Eurocidade Tui-Valença baixo o titulo "Mil anos de historia". Previamente interveu o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes. Gran expectación houbo ante este evento realizado no posto de Turgalicia e que contou coa presenza da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, amais do concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso e do vareador de Turismo de Valença, José Monte.

A proxección dun vídeo no que se amosou o patrimonio cultural, natural, deportivo, gastronómico,.. tanto de Tui coma de Valença con "séculos de memoria compartida" abriu esta presentación na que o Camiño de Santiago tivo tamén protagonismo ao ser a Valença o último punto en Portugal do Camiño Portugués e Tui a porta a entrada a Galicia do mesmo. As pontes internacionais, rúas comúns da Eurocidade, a Fortaleza de Valença, o Parque Natural do Monte Aloia, a gastronomía resaltaron en imaxes ao longo de sete minutos de proxección a Tui e Valença coma un destino privilexiado.

A continuación interveu o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, pechando o acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completando así os 25 minutos dos que dispuñan.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva desta presentación por ter a oportunidade dar a coñecer a marca de calidade da Eurocidade. Aproveitou para resaltar a riqueza patrimonial e natural das dúas cidade, facendo fincapé na diversidade de ocio ligada ao río Miño, a variedade da riqueza gastronómica e hostaleira.

A presenza en FITUR é a primeira cita coas feiras de turismo que ten a Eurocidade, xa que no mes de marzo acudirá, con posto propio, á BTL que se celebra en Lisboa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones