Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Éxito da representación do obradoiro de teatro veciñal no Mosteiro de Oia

A actividade contou coa participación das artistas Mónica de Nut (canto), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música)

A actividade contou coa participación das artistas Mónica de Nut (canto), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música)

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Oia

O “6x6 punto de encontro o Arrabal. O mar tamén ten amores” é unha iniciativa organizada polo Concello de Oia e beneficiaria do programa “O teu Xacobeo”

 

A representación do obradoiro de teatro veciñal de Oia celebrada este sábado colleitou un novo éxito de asistencia de público, que puido contemplar nesta terceira edición unha proposta novidosa. No evento participaron 5 artistas convidadas: Mónica de Nut (canto), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música), baixo a dirección de Alfredo Rodríguez (A Artística) e coa narración de Patricia Muñoz.

 

O pasado sábado, o Mosteiro de Oia acolleu tres pases do “6x6 punto de encontro o Arrabal. O mar tamén ten amores”, una visita dramatizada polo interior do cenobio que incluíu 5 intervencións artísticas de diferentes disciplinas.

 

Esta actividade, convertida nun verdadeiro punto de encontro entre alumnado, artistas, público e patrimonio; foi resultado dos traballos desenvolvidos durante o obradoiro veciñal de artes escénicas e do movemento celebrado durante este mes de setembro baixo a dirección de A Artística. 

 

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, destacou a gran calidade das artistas convidadas que participaron na edición deste ano. Ao mesmo tempo, quixo trasladar o seu recoñecemento ao alumnado e á dirección do obradoiro “pola súa implicación, o esforzo e o bo facer técnico e artístico demostrado”.

 

Correa tamén destacou a boa resposta do público a esta novidosa proposta cultural pese as circunstancias sanitarias actuais. Debido ás restricións da COVID-19 decidíronse programar tres pases distintos para poder contar cun maior número de asistentes e, aínda así, “as inscricións cubríronse en aproximadamente 48 horas, sendo preciso abrir unha lista de agarda”, lembrou.

 

Finalmente, quixo trasladar o seu agradecemento ao Mosteiro de Oia, por colaborar na iniciativa cedendo o espazo para a representación, e ao programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

 

 

Proxecto6x6 punto de encontro”

 

 

O “6x6 punto de encontro o Arrabal. O mar tamén ten amores” é unha iniciativa organizada polo Concello de Oia e beneficiaria do programa “O teu Xacobeo”. A súa programación incluíu un obradoiro veciñal durante o mes de setembro, a xornada de representación celebrada o sábado e un paseo guiado de temática feminina que se desenvolveu o domingo 19 no barrio do Arrabal.

 

Baixo o título específico “o mar tamén ten amores”, o traballo deste ano no obradoiro de teatro buscou poñer en valor a achega das mulleres na historia de Oia e recoñecer traballos tradicionalmente invisibilizados ou pouco recoñecidos. O programa de man do evento do sábado está accesible para a súa descarga na seguinte ligazón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones