Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EXITO DE PARTICIPACIÓN NA -FESTA NO PLACER: VIVE O CONXUNTO HISTÓRICO-

Houbo ao longo do día artesanía, gastronomía, música, visita guiada e actividades para rapaces

Fecha: 08 de Octubre de 2013

Fuente: www.concellotui.org

Un grande número de persoas participou o domingo 6 de outubro, nas actividades programadas polo Concello de Tui ao abeiro da chamada "Festa no Pracer: vive o conxunto histórico" que con oferta de artesanía, gastronomía e espectáculos ao longo da xornada ateigou de xente as vellas rúas e prazas do conxunto histórico tudense.

Esta actividade daba continuidade a primeira festa celebrada no pasado ano co gallo dos 150 anos da urbanización desta praza e que contou cunha ampla participación popular, agora neste ano 2013 baixo o nome de "Festa no Placer" o Concello de Tui evidenciouse o atractivo desta actividade de dinamización do conxunto histórico tudense, nunha xornada na que se contou cunha climatoloxía idónea para o desenvolvemento das actividades.

Na apertura da festa, foron entregados os premios do II Concurso de balcóns, concedidos a Luisa Babarro Oyero, da rúa Ordoñez, que acadou o primeiro premio; o segundo premio foi para Ana Belén Rodríguez Domínguez, da Praza da Armada, namentres que o terceiro premio recaeu en Concepción Díaz Comesaña, da Travesía do Foxo, e finalmente tamén foi entregado un Premio Especial ao mellor establecemento de hostalería para valorar a contribución dos establecementos comerciais ao embelecemento do conxunto histórico e que foi concedido a Julián Ramírez Sánchez de Jaqueyvi.

Once postos de artesanía de artesáns tudenses enchían a Praza do Pracer xunto a un grupo de palilleiras veciñas daquelas rúas do casco histórico que realizaron unha exhibición do seu traballo ao longo do día. Completa esta oferta artesanal a demostración do traballo tradicional dos telleiros do Rosal na Praza da Armada.

A gastronomía foi outra das propostas do programa con postos na praza da Estrela a cargo dos establecementos Monumental, A Muralla, Jaqueyvi, A Adega, Viños e Tapas e Pizzería di Marco, contando coa participación como establecemento convidado do Parador de Turismo "San Telmo". Tamén a familia de Micaela, enferma de hipotonía participaron na festa gastronómica cun posto. Houbo oferta gastronómica ao mediodía e logo na tarde durante o concerto de "Odaiko".

A música estivo presente con pasarrúas e actuacións de grupos folclóricos locais e cun concerto de música folk a cargo do grupo de percusión "Odaiko" ás 19,30 horas e que contou co patrocinio de Agadic e que foi seguido por numeroso público na Praza do Pracer.

Os nenos tiveron o seu momento nesta xornada coa actuación de "Kotemalabar" cun espectáculo de circo na Praza de San Telmo, chea de rapaces sorprendidos cos número malabares de Kote.

Tamén houbo espazo para unha visita guiada por diversos elementos do conxunto histórico, cun percorrido que dende a Praza da Armada discorreu polo antigo porto fluvial de Tui, a muralla medieval rematando na Praza da Estela.

Con esta "Festa no Pracer" o Concello tudense pretende dinamizar o conxunto histórico da cidade ao tempo que apoia ao pequeno comercio local, ao que agradecen a súa implicación para neste momento complicados sumar esforzos e sinerxías a prol da revitalización da zona monumental.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones