Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÉXITOS NACIONAIS PARA O DEPORTE TUDENSE

O Club Kayak Tudense, Campión de Inverno de Piragüismo por undécima vez consecutiva, Gustavo Rodríguez, Campión de España de Duatlón Longa Distancia e o CPA Ribex, Subcampión de España de Patinaxe

O Club Kayak Tudense, Campión de Inverno de Piragüismo por undécima vez consecutiva, Gustavo Rodríguez, Campión de España de Duatlón Longa Distancia e o CPA Ribex, Subcampión de España de Patinaxe

Fecha: 15 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Esta fin de semana o deporte tudense estivo presente en varios campionatos de España en diferentes modalidades deportivas, obtendo uns excelentes resultados en todas elas.

Así, o Club Kayak Tudense, que participou no Campionato de España de Piragüismo en Pista, en Sevilla, proclamouse por décimo primeira vez Campión de España de inverno, un feito único a nivel nacional, que constata que o club de Tui é un dos mellores clubs deportivos nas distintas modalidades deportivas.

Os padeeiros tudenses obtiveron unha gran clasificación, sendo os mellores resultados os acadados por Ana Varela cunha quinta posición en K1 feminino, Manuel Garrido cuarto en C1, Brais Casas, subcampión en C1 Sub23, e a espectacular regata de k1, onde os padeeiros tudenses obtiveron o primeiro posto de Gabriel Pavón, o segundo posto de Rubén Millán, e o cuarto posto de Roi Rodríguez, que o proclamou Campión de España Sub23.

Con estes resultados e os dos outros padeeiros que participaron nas finais, o Club Kayak Tudense, con 1.581 puntos, superou ao Club Náutico de Sevilla (1.372 puntos) e ao Club Piragüismo Aranjuez (1.301 puntos), e confirma o seu espectacular estado de forma, tras gañar tamén a semana pasada o Campionato Galego.

Pasando a modalidade do duatlón, Gustavo Rodríguez participou no Campionato de España de Duatlón en Longa Distancia, celebrado en Orihuela, onde o tudense se proclamou Campión de España, cun tempo de 3 horas, cinco minutos e cincuenta e cinco segundos, cunha vantaxe dun minuto e vinte e dous segundos sobre Joan Nadal e dous vinte e oito sobre Pablo Martín.

E por último, no mundo do patinaxe, as deportistas do CPA Ribex de Tui desprazáronse ata a localidade alacantina de Alcoi, onde participaron no Campionato de España, acadando a segunda posición co grupo show.

O Concello de Tui desexa felicitar a todos estes deportistas, adestradores e xuntas directivas por estes excelentes resultados, que non fan máis que demostrar o alto nivel do noso deporte e o excelente traballo que realizan os clubs tudenses.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones