Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Feijóo visita a zona zero da explosión de Paramos en Tui

Precisa que a Consellería de Infraestruturas presentou xa un informe para aprobar unha orde de axudas, co fin de axilizar todas as axudas e indemnizacións necesarias para rehabilitar ou construír de novo as vivendas afectadas

Transmite a todos os afectados unha mensaxe de proximidade e de tranquilidade en relación coas súas vivendas, bens e patrimonios afectados

Fecha: 24 de Mayo de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o pésame en nome de toda Galicia ás familias das dúas persoas falecidas e a solidariedade e apoio aos feridos e afectados pola explosión rexistrada na tarde de onte na parroquia de Paramos en Tui.

Feijóo, que se desprazou inmediatamente despois do Consello da Xunta ata o lugar da explosión, quixo primeiramente trasladar o pésame aos familiares e amigos das dúas persoas falecidas, "e quixera tamén trasladar a nosa solidariedade e apoio ás 37 persoas que resultaron feridas, 7 das cales son menores", precisou.

Sobre a situación dos feridos, o responsable do Executivo autonómico indicou que, segundo os datos dos hospitais onde están ingresados, en ningún caso corren risco as súas vidas e só quedan ingresados seis pacientes e outros dous en observación.

"Queremos agradecer o labor de todos os profesionais sanitarios que os están atendendo e alentando", aseverou, engadindo tamén un recoñecemento expreso aos equipos que traballaron desde arredor das 17.00 horas de onte, e que seguen traballando no lugar. Máis de 240 efectivos de emerxencias, ducias de axentes da Policía Nacional, Garda Civil, Autonómica e Local, varias dotacións de bombeiros que extinguiron os focos de lume, catro das cales mantiveron a vixilancia durante toda a noite, e tres helicópteros de extinción; persoal do 061, persoal sanitario do punto de atención continuada de Tui; así como servizos de urxencias e de planta do Hospital Público Álvaro Cunqueiro, do hospital Povisa e do hospital Fátima.
"En definitiva, un dispositivo amplo, profesional que, en primeiro lugar, rescatou os feridos, mantivo en todo momento a seguridade na zona e, agora mesmo, continúan cos labores de desentullo, coa esperanza de poder descartar que haxa máis vítimas e, posteriormente, para poder saber o impacto nos bens e patrimonios da explosión", abundou.

Sobre este último punto, Feijóo quixo transmitir a todos os afectados unha mensaxe de proximidade e de tranquilidade en relación coas súas vivendas, bens e patrimonios afectados. Ao respecto, precisou que as primeiras estimacións, loxicamente aínda provisionais, apuntan que un número importante de vivendas quedaron completamente esnaquizadas pola explosión e moitas máis rexistran danos de diferente consideración.

Ante esta situación, o presidente da Xunta aseverou que tanto o Concello, como o Goberno central e Xunta están en permanente contacto para priorizar actuacións. "Primeiramente, axudas para realoxarse todo o tempo que sexa necesario", explicou, subliñando que ata este momento, os veciños que perderon as casas foron realoxados en hoteis e están a recibir asistencia e apoio psicolóxico.

Así mesmo, a Cruz Vermella, está a colaborar a través dun dispositivo de albergue na zona, que prestou asistencia a 5 dos 30 evacuados.

A segunda liña de traballo que tamén se iniciou hoxe no Consello da Xunta é aprobar axudas aos afectados por danos nas súas vivendas para que poidan ser reconstruídas, co fin de que as familias poidan recuperar o antes posible a normalidade.

Con este fin, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa presentou un informe para aprobar unha orde de axudas similar á orde de axudas en relación aos lumes forestais sufridos no mes de outubro do ano pasado, e poder axilizar todas as axudas e indemnizacións necesarias para rehabilitar ou construír de novo as vivendas afectadas.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta quixo ademais poñer en valor os pasos que se están dando ao abeiro da investigación aberta para esclarecer os feitos. "Algo que tamén solicitan e merecen os afectados, pero que tamén queremos saber o conxunto dos galegos. Saber que foi o que ocorreu, que cousas se puideron evitar e, en consecuencia, establecer responsabilidades", dixo, insistindo na necesidade de ser prudentes e esperar a que a investigación siga o seu curso.

Se ben o mundo da pirotecnia está sometido a unha normativa moi estrita e a autorizacións estatais, Feijóo anunciou que o Executivo autonómico trasladou á Delegación do Goberno a conveniencia dunha revisión polo miúdo de todas as pirotecnias instaladas na comunidade, tanto no eido da manipulación como de almacenamento. E referiuse tamén a necesaria colaboración cidadá, para que, "á mínima sospeita", a poñan en coñecemento das autoridades".

"En definitiva, o pésame polo falecemento confirmado de dúas persoas. O apoio e esperanza para os feridos.Unha mensaxe de tranquilidade para todas as familias que perderon as súas casas e os seus bens; non imos escatimar esforzos. Agradecemento a todos os profesionais que traballaron de forma rápida, comprometida e coordinada e ao presidente Rajoy e a todas as administracións que estiveron traballando desde o principio neste sinistro. E, por último, investigación completa para aclarar o sucedido e tentar que non volva suceder", concluíu a modo de resumo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí