Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Fin de semana histórica para Os Teixugos: Manuel Ochoa Subcampión de España en k1 e bronces para Luís Fernández en C1 e Emilio Rodríguez en k1 veterano

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con 10 dos seus deportistas que deron o mellor de si mesmos, rematando cun balance histórico para os teixugos.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con 10 dos seus deportistas que deron o mellor de si mesmos, rematando cun balance histórico para os teixugos.

Fecha: 05 de Agosto de 2019

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Esta fin de semana tivo lugar no Parque Olímpico do Segre, na localidade ilerdense da Seu D`Urgell o Campionato de España de Slálom. Máis de douscentos deportistas de toda España se deron cita nas augas da canle olímpica para disputar a última e máis importante das competicións da liga española de slálom olímpico. O sábado pola mañá tiveron lugar as clasificatorias para entrar en semifinais, cun circuíto complicado na xa de si complicada canle da Seu. Pola tarde celebráronse as competicións por equipos. Rematou o campionato na mañá do domingo coas distintas semifinais e finais.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con 10 dos seus deportistas que deron o mellor de si mesmos, rematando cun balance histórico para os teixugos.

Manuel Ochoa en K1 absoluto ou sénior, superou as clasificatorias, entrando en semifinais co terceiro mellor tempo. Na mañá do domingo fixo unha moi boa semifinal que lle deu acceso a finais, nas que so entraban os dez mellores deportistas. Nunha final de infarto, Manu fixo unha baixada rápida e sen penalizacións que nun primeiro momento o daba como campión, pero o equipo arbitral estimou unha reclamación interposta polo vasco Samuel Hernanz, no que se lle retirou unha penalización por toque de dous segundos, que lle deu o campionato, quedando o teixugo Manu en segundo lugar. Histórica medalla de prata, pois é a primeira acadada por un galego en K1 nun campionato de España na categoría absoluta.

Tamén en K1, pero categoría veteranos, Emilio Rodríguez conseguía na mañá do sábado entrar en finais co terceiro mellor tempo. Xa no domingo fixo unha boa baixada, rematando terceiro por detrás do catalá Carles Juanmartí e do vasco Urko Zabaleta, o que lle supuxo a medalla de bronce da categoría.

A terceira medalla foi para o canoísta Luís Fernández. O deportista tivo unha actuación que solo pode cualificarse como excepcional. Na mañá do sábado conseguiu un posto en semifinais co cuarto mellor tempo, xa na mañá do domingo fixo unha baixada perfecta en semifinais que o levaron a finais co mellor tempo de todos. E na baixada decisiva rematou terceiro, por detrás do vasco Ander Elósegui e do catalá Miquel Travé. Medalla de bronce, por tanto, para Luís en C1 sénior. Este posto tamén lle deu a Luís o acceso a unha praza que había vacante na selección española e que o levarán a disputar o Campionato do Mundo a celebrar nesta mesma canle, campionato nos que se decidiran as prazas para a vindeira olimpíada de Tokio.

Sergio Rodríguez e Alexis Segadaes, en K1 cadete, tamén conseguiron superar as clasificatorias. Nas semifinais do domingo Alexis rematou duodécimo, quedando fóra de finais por moi pouco o seu compañeiro Sergio fixo o terceiro mellor tempo, o que lle deu entrada en finais con serias aspiracións a medalla. Durante a final fixo unha baixada algo lenta que o deixaron finalmente nun décimo lugar.

A outra semifinalista foi Ainhoa Barreiro en K1 e C1 cadete, rematando sétima nas dúas categorías, quedando fóra de finais pois só entraban as cinco mellores, ao ser unha categoría pouco numerosa.

Alba Soutelo en k1 e C1 cadete, Samuel Castro en C1 cadete e Brais Castro en C1 sénior, que non conseguiron clasificarse para semifinais, e Mateo Álvarez como abridor, completaron o equipo de deportistas o Club Deportivo Miño nesta importante cita.

Ao longo da tarde do sábado tivo lugar a competición por equipos, tamén denominada patrullas. En C1, o equipo formado por Luís, Emilio e Brais rematou sétimo. En K1 o equipo formado por Manu, Luís e Brais rematou en sexto lugar.

Xa como colofón a esta xornada, que para os Teixugos solo pode ser cualificada de histórica, destacar o cuarto lugar acadado polo Club Deportivo Miño na clasificación da Liga Española de Slálom por clubs, por detrás do Atlético San Sebastián, o Cadí e o Santiagotarrak.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí