Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GALA DO DEPORTE ESTE DOMINGO NO AUDITORIO DE GOIÁN

Domingo 11 de Abril ás 20:00 no Auditorio de Goián

Domingo 11 de Abril ás 20:00 no Auditorio de Goián

Fecha: 11 de Abril de 2015

Fuente: Omix Tomiño

GALA DO DEPORTE TOMIÑO no auditorio de Goián, domingo 12 de abril ás 20h

Dende o concello de Tomiño somos conscientes do valor do deporte para incrementar a calidade de vida da nosa cidadanía, a súa saúde e a participación veciñal nas diferentes asociacións deportivas e clubes, así como coas persoas doutros municipios. Nesta GALA DO DEPORTE que se vai celebrar este domingo 12 de abril ás 20h no auditorio de Goián, serán entregados diferentes premios e galardóns, en distintas disciplinas.


Algunhas das persoas candidatas propostas :
Campeóns/Campeona Galegos de Slálom: Laura Alonso en K1 muller sénior, Manuel Ochoa en K1 home cadete, Brais Castro en C1 home cadete. Campeón e campeonas galegas de promoción de Slálom: Ainhoa Barreiro en K1 muller benxamín, Ariadna Pereira en K1 muller alevín, Sergio Martínez en K1 home benxamín e con múltiples títulos . Campeóns e campeona de piraguïsmo Rubén Millán Rodríguez (campeón do mundo SUB-23 K4 1000 metros entre outros múltiples logros), Roi Rodríguez Huertas (campeón de Europa SUB-23 K1 1000 metros entre outros múltiples logros), David Costa Bouzada, Daniel Costa Bouzada, David González Mella, Marta Alén Jorge,
En natación (federada): Iria Rodríguez, múltiples logros
Ciclismo: Zaida González Martínez - gañadora da copa de Portugal de ciclocross entre outros logros.
Judokas: Brais Pereira Amorín: Campeón Copa de España, Subcampeón supercopa de España entre outros logros. Yohanna Dacuña González, Campeona Galega Infantil entre outros méritos. Adrián Romero González, Subcampeón Galego Cadete.
Lanzamento de peso: Maite Santos (campeona de España) e lanzamento de peso, xabalina e disco Fabio Martínez Otero.
Remo: Jaime Álvarez Pereira
Kick Boxing: Carlos López (campeón internacional, sub-campeón España Kick boxing entre outros méritos)


A GALA DO DEPORTE abrirase cun vídeo recolle as diferentes actividades deportivas realizadas en Tomiño nos últimos once meses. Tanto deporte de competición coma actividades deportivas dirixidas ao conxunto da poboación.


A presentación do acto estará a cargo do presentador da TVG Terio Carrera. Haberá unha actuación dun coñecido actor e humorista galego e algunha que outra sorpresa engadida.


Os diferentes premios que se otorgarán son: iniciativa deportiva, patrocinador, mellor evento, fomento deporte base, superación deportiva, mellor promesa femenina e masculina, mellor deportista absoluta femenina e masculino.


As persoas finalistas serán escollidas polo xurado formado por:
- Justi Peixoto. Xornalista deportivo de Radio Tui.
- Paco Santos. Xornalista deportivo da Radio Galega.
- Roberto Miranda. Licenciado en INEF. Monitor dun espazo deportivo de Tomiño.
- Betti Solleiro. Licenciada en INEF. Monitor dun espazo deportivo de Tomiño.
- Jose Oliveira. Licenciado en INEF. Monitor dun espazo deportivo de Tomiño.
- Moncho Portela. Profesor de educación física no IES de Tomiño.
- Cristina Martínez. Concelleira de deportes do concello de Tomiño.


A alcaldesa e a concelleira de deportes do concello de Tomiño queren recoñecer e agradecer o traballo e esforzo continuado das persoas deportistas do noso municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones