Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Galiza Nova organiza as XXX Xornadas de Verán da Mocidade Galega

14 e 15 de setembro, con palestras, debates e actividades ao aire libre

14 e 15 de setembro, con palestras, debates e actividades ao aire libre

Fecha: 14 de Septiembre de 2019

Fuente: Galiza Nova Baixo Miño

"A Organización Xuvenil Galiza Nova acolle estes días 14 e 15 de setembro, na comarca do Baixo Miño, as XXX Xornadas de Verán da Mocidade Galega. O programa consta de palestras, debates e actividades ao aire libre que procuran achegar unha formación completa e proveitosa para a militancia e simpatizantes da organización.

"Nesta ocasión o tema escollido como fío condutor das xornadas será a loita sindical nacional e de clase. Ollando a situación de crecente precariedade laboral, de falta de oportunidades na terra, e de extrema terciarización da economía, faise precisa a análise e o coñecemento das ferramentas que temos a mocidade da clase traballadora galega para loitar polos nosos dereitos nos postos de traballo." Afirma Sergio Martínez Domínguez, responsábel de organización de Galiza Nova no Baixo Miño.

Ademais, continuando co feito nas anteriores xornadas de inverno, as asistentes contarán con textos de apoio que permitirán achegarse en profundidade ás temáticas propostas e facilitar o debate.

"Todo isto complementarase coas actividades de coñecemento da contorna e de lecer. Aproveitando a localización contaremos cun roteiro guiado sobre a figura de Alonso Ríos (Siñor Afranio), destacado galeguista que organizou a resposta na zona contra o golpe fascista do 1936." Ademais, conclúe: "A memoria é esencial para un pobo, sen ela, as sociedades do futuro non poderán evitar caer nos erros pasados".

PROGRAMA DAS XXX XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA

Sábado 14
10:45 Presentación das xornadas e actividade de inicio
11:15 Palestra 1: Sindicalismo actual na Galiza. A representación sindical e a CIG.
12:15 Palestra 2: Mártires de Sobredo. Palestra sobre a loita contra o foros na contorna.
13:30 Homenaxe aos Mártires de Sobredo en Guillarei (Tui)
14:30 Xantar
15:30 Palestra 3: Organización obreira en grandes empresas e conflitos sectoriais
16:30 Mesa redonda con representación de diversos sindicatos
18:00 Palestra 4: Organización obreira nas pequenas e medianas empresas
19:30 Actividade 1: Coñecemento do entorno
21:30 Cea e foliada


Domingo 15
10:30 Palestra 5: Organización e loita sindical das mulleres. O caso da folga en Bershka
12:00 Actividade 2: Roteiro do Siñor Afranio (guiado)
14:00 Xantar
15:30 Actividade 3: Obradoiro de debate.


Pódes realizar a tua inscrición no correo nacional@galizanova.gal. Indica datos de contacto e, se for preciso, necesidades/preferencias alimentarias.
*A inscrición inclúe todas as comidas e a durmida, que se realizará nun aloxamento do Monte Aloia."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones