Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gran éxito na Guarda do primeiro roteiro guiado da iniciativa -Historias de mulleres guardesas-

As prazas para o vindeiro roteiro están xa esgotadas, pero aínda quedan prazas libres para as dúas andainas no mes de novembro.

As prazas para o vindeiro roteiro están xa esgotadas, pero aínda quedan prazas libres para as dúas andainas no mes de novembro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • Preténdese poñer en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espacio dentro dun mundo do que non eran donas.
  • As prazas para o vindeiro roteiro están xa esgotadas, pero aínda quedan prazas libres para as dúas andainas no mes de novembro.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, iniciou o pasado venres a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

O Primeiro roteiro tivo lugar o pasado venres día 14 de outubro e congregou a máis de medio cento de persoas que saíron dende a Praza do Reló, para facer un percorrido guiado polo casco histórico da vila e rematar na fonte da ribeira no Porto da Guarda cunha amenización musical a cargo do cantautor guardés Tino Baz.

Nos roteiros, dos que só queda a quenda do 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h(prazas completas) fálase dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan.

No caso das andainas, que terán lugar o 13 e 27 de novembro en horario de 10:30h a 13:30h(aínda quedan prazas libres) e que sairán dende a Alameda da Guarda (8km de percorrido e dificultade media), falarase de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.

As inscricións continúan abertas para as andainas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es

As actividades son gratuitas e as prazas limitadas.

Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí