Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Homenaxe a Xela Arias este sábado a Guarda

Sábado 22 de maio ás 19:00h na Praza do Reló, en caso de choiva trasladase á Casa dos Alonso.

Sábado 22 de maio ás 19:00h na Praza do Reló, en caso de choiva trasladase á Casa dos Alonso.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Mayo de 2021

Fuente: Concello da Guarda

A concellería de cultura do Concello da Guarda organiza unha completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias.

Xela Arias foi mestra no Instituto da Sangriña, e tralo seu falecemento o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando durante case unha década o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.

O Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que  cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os  amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo...

Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.

Unha das actividades é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.

Outra das actividades é a lectura de poemas pública que terá lugar o sábado 22 de maio na Praza do Reló ás 19:00, e contará coa participación de alumnado e docentes do IES A Sangriña, así como integrantes da Agrupación Cultural Guardesa.

E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.

No caso dos actos públicos do día 22 e 29 de maio os eventos contan, como ven sendo habitual cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en centrocultural@aguarda.es

Actividades cos centros escolares

Ademais destas actividades realizadas en torno a Xela cabe destacar a convocatoria do II Tendal de poemas que se realiza co alumnado dos centros escolares Manuel Rodríguez Sinde, As Solanas, CPR San José e Centro de Educación Especial San Xerome.

Estes centros seleccionaron poemas dentro do amplo repertorio da nosa lingua galega e decorados sobre lenzos de roupa que están “colgados ao sol” en diferentes lavadoiros da nosa vila, concretamente os lavadoiros de A Cal, A Ribeira, Fedorento e Netos. Estes debuxos poden verse ata final de mes, sempre que a climatoloxía o permita.

Ademais desta actividade os centros públicos da vila (CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas, CEIP A Sangriña) realizaron unha exposición sobre Xela Arias que sepode visualizar na Praza de Avelino Vicente.

Homenaxe do IES A Sangriña

Pola súa banda, o IES A Sangriña preparou a súa homenaxe institucional este venres coas seguintes propostas:

  1. Descubrimento dunha praca conmemorativa cun verso escollido (por unha Comisión do IES) da autora.
    2. Adicar unha das aulas de nova creación do centro (antiga vivenda do conserxe) co nome de "Aula Xela Arias"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones