Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Homenaxe a Xela Arias no IES A Sangriña da Guarda

A poeta, que impartiu docencia no noso centro, dá nome á nova aula de usos múltiples 1, que en diante pasa a ser Aula Xela Arias.

A poeta, que impartiu docencia no noso centro, dá nome á nova aula de usos múltiples 1, que en diante pasa a ser Aula Xela Arias.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Mayo de 2021

Fuente: IES A Sangriña

Esta mañá celebramos o noso acto de homenaxe a Xela Arias. A poeta, que impartiu docencia no noso centro, dá nome á nova aula de usos múltiples 1, que en diante pasa a ser Aula Xela Arias. O acto de inauguración, coordinado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, contou co recitado dalgúns poemas da autora a cargo de varias alumnas de secundaria, acompañadas polo profesor de música, Alfredo Garrido, na guitarra. Posteriormente, descubriuse unha placa cun verso do poemario Dario a Diario, que agora loce na entrada do noso instituto. 

Agradecemos a presenza do alcalde e profesor do centro, Antonio Lomba, e a implicación do alumnado nestes actos de homenaxe á poeta Xela Arias.

 

Tamén, para conmemorar este Día das Letras Galegas 2021, o alumnado do IES A Sangriña gravou "Descubrindo a Xela", o programa Especial sobre Xela Arias, en RadioTrega, a radio do IES A Sangriña que coordina o profesor de Lingua Galega e Literatura  Kike Estévez. 

 

1. “Descubrindo a Xela" 1ª parte, que dá cabida a recitados do alumnado do nodo centro e á participación de persoas da nosa cultura como Víctor Freixanes, presidente da RAG; Tamara Andrés, nova poeta galega; Hugo Guezeta, integrante do grupo de rap Son Da Rúa; ou Sofía Tarela, integrante das Gharotas da Ribeira María Apagha OLeiteque Ferve. Ademais, tamén conta con entrevistas, pois nesta primeira parte falamos con Isabel Rodríguez Pazos, profesora do noso centro que coñeceu en persoa a Xela no seu paso pola Sangriña.

 

2. "Descubrindo a Xela", 2ª parte, na que recuncan os recitados do alumnado do noso centro e a participación de persoas da nosa cultura como Xurxo Souto, Laura Rabizal, Isabel Risco, Silvia Estévez, Tino Baz, Marta Dacosta Marta ou Anxo Angueira. Ademais nesta segunda parte falamos con Pilar Carro, profesora do noso centro e directora cando Xela impartiu aulas no IES Sangriña, aló polo 2001.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones