Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Homenaxe aos Mártires de Sobredo este domingo en Guillarei - Tui

Domingo 26 de novembro do 2017, a partir das 11:00 horas da mañá

Domingo 26 de novembro do 2017, a partir das 11:00 horas da mañá

Fecha: 25 de Noviembre de 2017

Fuente: Instituto de Estudos Agrarios

Conmemoracion dos Sucesos de Sobredo - 95 aniversario - o domingo 26 novembro - Sobredo - Guillarei - Tui

Actos de conmemoración dos Sucesos de Sobredo, no seu do 95 Aniversario que se desenvolverán en Sobredo (Guillarei - Tui) este domingo 26 de novembro do 2017, a partir das 11:00 horas da mañá. Neste ano, trala vaga de incendios padecida, centrase o acto na importancia do monte e a súa relación co significou Sobredo na actividade agraria para a que o monte era algo vital.

PROGRAMA:
11,00 CONCENTRACIÓN - CARBALLEIRA DE SOBREDO
11,30 DESPRAZAMENTO ATÉ O MONUMENTO
12,00 PRESENTACIÓN DO ACTO E INTERVENCIÓNS:
XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ.
Org. Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
ALBA NOGUEIRA LÓPEZ.
Profesora de Dereito Administrativo na Univ. de Santiago de Compostela.
13,30 OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO
CLAUSURA DO ACTO. ACTUACIÓN DOS GRUPOS:
- FOLCLÓRICO "LEMBRANZAS DA TERRA"
- GRUPO DE GAITAS "FOLIEIROS".

A conmemoración anual ten por fin manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo dos sucesos de Sobredo; feitos producidos no 28 de novembro do ano 1922, neste lugar da parroquia de Guillarei, no Concello de Tui; realízase ao pe do monumento aos Mártires, da autoría do escultor Nogueira.

Na realización dun un embargo a un veciño, que se negou a pagar as rendas dun foro, produciuse unha concentración en solidariedade co embargado. A Guardia Civil disolveu a tiros a manifestación en contra dese imposto de orixe medieval -o foro-, que se mantiña sobre as terras e que eran aboado en especie polo campesiñado galego tralas colleitas, anualmente, polas datas do San Martiño.

Tres persoas quedaran mortas no sitio: CÁNDIDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, de Pazos de Reis; JOAQUÍN ESTÉVEZ BESADA, de Soutelo; VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño; e mais de vinte resultaron feridas. Sobredo queda dende ese momento, na memoria colectiva, como símbolo e lugar no que a sociedade labrega é martirizada.

No ano 1932 (dez anos despois dos feitos), por subscrición popular, ergueuse o monumento na memoria dos Mártires de Sobredo e como símbolo do movemento social que impulsou a loita pola eliminación dos foros.

Sobredo, xa naquela altura representa simbolicamente unha época (finais do século XIX e as dúas primeiras décadas do século XX) de loitas reivindicativas e agrupación de forzas por entidades asociativas que, colectivamente, estruturaban unha realidade social complexa e claramente republicana.

No mes de xullo do ano 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista, foi dinamitado. Do mesmo xeito que as persoas eran perseguidas, foron derrubados símbolos como o monumento conmemorativo dos sucesos.

Cincuenta anos despois da súa destrución, en 1986, recuperouse a memoria sobre estes feitos e promoveuse, por entidades sociais (comunidades veciñais e montes, asociacións de veciños, culturais, etc.) a reconstrución do Monumento.


Agradecendo de antemán a súa difusión,

Reciba un saúdo.
Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo- IEAMSO
Xunta de Goberno

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones