Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Inaugurada na Guarda a exposición de pinturas -Remando ao vento- de Carmen G. Sobrino

A mostra estará ata o vindeiro 28 de xuño na Casa dos Alonso.

A mostra estará ata o vindeiro 28 de xuño na Casa dos Alonso.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Junio de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O pasado venres día 16 de xuño realizouse a inauguración na Casa dos Alonso da Guarda da Exposición “Remando ao vento. A figura como paisaxe e emoción”.

 

Esta mostra incorpora a obra pictórica de Carmen G. Sobrino, doutora en Belas Artes e profesora da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) xa retirada e sobre todo veciña da Guarda. A artista quixo amosar un extracto da súa obra aos seus veciños e por iso propón esta exposición na que se quere centrar no mundo das emocións. Así entende ela o arte como a plasmación das sensacións que lle produce a interacción coa xente, coa contorna, coa vida en definitiva.

 

Cunha vinculación moi grande cara a vila da Guarda, Carmen G. Sobrino que fixo a súa vida fora desta vila, quixo volver para establecer aquí a súa residencia tralo seu retiro profesional. Unha vinculación que está moi unida á arte pois garda un gran recordo dos veráns da súa infancia, cando se afeccionou á pintura da man da súa avoa e dos seus primos. Segundo nos relata, sempre houbo unha forte presencia da arte na súa familia, presencia que se fixo nela cada vez mais grande ata o punto de decantarse polos estudos de Belas Artes e montar a súa carreira profesional.

 

Carmen G. Sobrino convida aos seus paisanos a achegarse entre o 17 ao 28 de xuño, ou o mesmo 16 de xuño, no horario da inauguración, a coñecer a súa obra acudindo cunha predisposición a deixarse levar, acudir sen idea previa preconcibida pero predisposta á emoción, ás sensacións e por enriba de todo a partillar estas sensacións con ela, que estará presente na sala, querendo facer desta proposta unha “performance” participativa.

 

A mostra poderá visitarse a partir ata o 28 de xuño, no seguinte horario:

  • De luns a venres de 10:00 a 13:30h., sendo atendido polas tardes só os xoves, venres e sábados, entre as 19:00 e 20:30h.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí