Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN NO CONCELLO DE TUI

Patinaxe, fútbol e balonmán, serán os deportes subvencionados pola Deputación de Pontevedra no noso concello

Así, nesta tempada 2015-2016, os deportes subvencionados volverán ser a patinaxe, o fútbol e o balonmán, que comezarán os adestramentos a partir do mes de outubro.

Fecha: 22 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

A Deputación de Pontevedra retoma a actividade nas escolas deportivas subvencionadas nos distintos concellos da provincia. A pasada tempada, de maneira gratuíta, contou no Concello de Tui con máis de 450 nenos e nenas, repartidos nos distintos deportes ofertados.

 

Así, nesta tempada 2015-2016, os deportes subvencionados volverán ser a patinaxe, o fútbol e o balonmán, que comezarán os adestramentos a partir do mes de outubro.

 

Por isto, as inscricións realizaranse nos seguintes deportes:

 

 

PATINAXE

 

Un ano máis serán os monitores do Club de Patinaxe Ribex de Tui os que leven a cabo os adestramentos, coordinados pola Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.

 

As inscricións levaranse a cabo nas seguintes datas, presentando a solicitude de inscrición cumprimentada na secretaría do Concello de Tui, que pode descargarse a través da páxina http://www.depo.es/web/edepo/218 ou recoller na secretaría do concello:

 

  • Patinadoras/es participantes nas EEDD de Patinaxe no ano 2014-2015, inscribiranse os días 18, 19, 21 e 22 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas (sábado 19, dende ás 09.00 ata as 13.00 horas), na secretaría do Concello de Tui.

 

  • Patinadoras/es novas/os, inscribiranse os día 23 e 24 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, na secretaría do Concello de Tui.

 

As listaxes de admitidos publicaranse o martes 29 de setembro, sendo o inicio da actividade o luns 5 de outubro.

 

 

 

 

 

BALONMÁN

 

Con máis de 200 participantes na tempada 2014-2015, a actividade de balonmán seguirá sendo subvencionada pola Deputación e realizada polos monitores do Club Balonmán Tui, coa coordinación da Federación Galega de Balonmán e o Concello de Tui.

 

As inscricións realizaranse a través dos colexios, presentando a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada, que pode descargarse a través da páxina web http://www.depo.es/web/edepo/218 ou recoller na secretaría do concello.

 

 

FÚTBOL

 

Esta actividade realizarase de novo no Campo Municipal de Fútbol de Ribadelouro, cos adestradores do Club Deportivo Ribadelouro, en coordinación coa Federación Galega de Fútbol e o Concello de Tui.

 

A actividade irá dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos, sento totalmente gratuíta.

 

As inscricións realizaranse no Concello de Tui, presentando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada que pode descargarse a través da páxina  http://www.depo.es/web/edepo/218 ou recoller na secretaría do concello, dende o venres 18 ata o venres 25 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, ou no Campo Municipal de Ribadelouro, de luns a venres de 18.30 a 21.00 horas, cos responsables do club.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones