Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Instalada unha nova sinalización informativa da zona azul no casco urbano tudense acorde coa ordenanza reguladora

O disco indicativo pódese mercar no Concello e nunha trintena de establecementos colaboradores

O disco indicativo pódese mercar no Concello e nunha trintena de establecementos colaboradores

Fecha: 16 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

A Zona Azul de Tui, que abrangue un centenar de prazas de aparcamento nas rúas céntricas, conta cunha nova sinalización acorde coa ordenanza reguladora deste espazo, aprobada en 2008, e recollendo os días e horario no que o aparcamento está limitado no tempo.
 





En concreto nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo foron colocados os novos sinais en aluminio no que figura o horario no que o estacionamento é gratuíto e limitado no tempo. Lembramos que é de luns a sábado de 9 a 14h a 16 a 21h cun máximo de hora e media. Amais tamén foron sinalizadas as prazas de aparcamento para discapacitados na zona azul que deberá dispor dun disco especial e poderán estacionar ata un máximo de 3 horas.

Compre lembrar que os condutores que estacionen nestas rúas deberán colocar o disco indicativo de cor azul coa hora de chegada, que poderán obter na tesourería na casa do concello por 0,60€, sendo tamén válido o reloxo de calquera outra zona azul. Agora coma novidade o disco tamén se pode adquirir nunha trintena de establecementos das rúas onde está operativa a zona azul, que están debidamente identificados no exterior cun autocolante. Dende o Concello quérese agradecer a colaboración por parte deste comercios e convidar a novos establecementos a sumarse a esta iniciativa que persegue facilitar a adquisición do reloxo tanto aos tudenses, visitantes e turistas. O disco vermello para persoas con discapacidade só se pode obter na casa do concello.

Con esta medida búscase que poida haber nestas cinco rúas rotación nos vehículos, de tal xeito que sexa máis doado atopar estacionamento para as persoas que desexen ir de compras, facer xestións, ou trámites, ou visitar a cidade dando resposta a unha vella demanda do comercio tudense.

Relación de establecementos colaboradores que venden o disco distintivo da zona azul:
Na rúa Augusto González Besada:
• Cafetería Restaurante "El Molino"
• Papelería Valverde
• Xoguetería "Tui Toys"
• Herbolario "Entre Plantas"
• "Miss-Tic" Moda
• Óptica "Döce"
• "Bolero Moda"
• "Berta" Lotería e Apostas
• "Recover Tui"
Na rúa Calvo Sotelo:
• Taller de Dulces "Óscar Romero"
• "Ana Moda" Hombre
• Herboristería "El Recó"
• Calzados "Montes"
• Cervecería "El Cielo"
• Librería "Iris"
• "Inercia" Deporte e Aventura
• "La Gran Manzana" Cervexería
Na rúa Rosa Bahamonde:
• "MM3" Moda
• "Tuy Kids" Moda Infantil
• Xoiería "J. Pazo"
• Vodafone
• Cervexería "O Irlandés"
• Reparación de Calzado "O Pisotón"
Na rúa Foxo e Travesía Foxo:
• Cafetería "La Manga"
• "D¨Dorna" Moda
• Café Bar "Santa Columba"
• Café Bar "Ponte Vella"
• Ana, Masajes e Terapias
• "La Flor" Floristas
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones