Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Intercambio do alumnado de 6º do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui a Figueira da Foz (Portugal), ERASMUS+.

Esta ano, desde o luns ata o venres (20 a 24 de maio de 2019), un grupo de 60 alumnos participa no -Intercambio de alumnado a corto prazo-

Esta ano, desde o luns ata o venres (20 a 24 de maio de 2019), un grupo de 60 alumnos participa no -Intercambio de alumnado a corto prazo-

Fecha: 21 de Mayo de 2019

Fuente: CEIP nº2 Tui

Dentro do Programa Europeo Eramus+, o CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui durante os cursos 2018-19 e 2019-20 "Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz", participará co alumnado de 6º.

Esta ano, desde o luns ata o venres (20 a 24 de maio de 2019), un grupo de 60 alumnos/as participa no "Intercambio de alumnado a corto prazo". Visitará o Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz para poñer en valor estilos de vida saudables na Península Ibérica. Será o primeiro dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España e Portugal.

Estas mobilidades teñen como obxectivo involucrar ao alumnado no proxecto, investigando e levando a cabo traballo de acondicionamento físico, obradoiros de alimentación saudable e clases de meditación e atención plena. Durante a actividade, o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, traballará a importancia de convivir cos seus compañeiros/as das escolas de Portugal, explorará aspectos relacionados co proxecto de ambas culturas, respectando e convertíndose en embaixadores do seu propio país.

O alumnado terá a oportunidade de integrarse nas clases da escola de acollida, para compartir cultura, historia deportiva e dietética e participará en actividades físicas: orientación e xogos populares. Visitarán áreas locais de interese: cidade de Figueira da Foz, Museo Casa do Paço, Moinhos da Gândara (actividade tradicional de produción do pan), Museo do sal, etc... Ademais experimentarán o sabor da cociña tradicional portuguesa e explorarán os seus beneficios para a saúde. A participación nestas actividades aportará resultados moi positivos. O alumnado comparará e contrastará tradicións en actividades físicas e alimentación saudable, coas tradicións do país fronteirizo. Isto desenvolverá unha maior conciencia da diversidade cultural podendo incorporalos a aspectos das súas vidas cotiás.

Outro obxectivo fundamental deste intercambio é desenvolver habilidades para a vida, coma a tolerancia, o respecto, a independencia, a autonomía e o traballo en equipo.
Esta será a primeira viaxe de intercambio do alumnado do noso centro, quedando para o vindeiro curso a segunda viaxe a Torrevieja (Alacante), onde coincidirá co alumnado do Instituto Comprensivo de Varese 2 (Italia). Por último, recibiremos en Tui ao alumnado do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz Portugal, que coincidirán co alumnado do CEIP las Culturas de Torrevieja de Alacante.

Durante estes dous cursos o noso centro, levará a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 en colaboración con outros cinco colexios:

• Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto.
• Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
• CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
• Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)
• Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz (Portugal).
Todos compartiremos formación, experiencias, traballos, talleres, viaxes, etc...

Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que permite impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servizo Español para a internacionalización da Educación) será a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+ do noso centro.

É unha gran oportunidade de mellorar as competencias do noso alumnado. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Somos 30 centros galegos dun total de 731 de toda España os que participamos no mesmo. Temos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas e colaboradoras.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones