Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Investimento de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia nas obras de rehabilitación da praza de Abastos e do Cárcere Vello

Ambos proxectos están agora en fase de licitación

Ambos proxectos están agora en fase de licitación

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

Tui contará cun investimento de preto de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia NextGenerationEU que posibilitarán a rehabilitación da Praza de Abastos e do Cárcere Vello. Ambas obras están nestes momentos en licitación e prevese que poidan comezan a executarse antes de que remate o ano.

Por unha banda as obras da Praza de Abastos sae a licitación por un importe de 1.127.306,66 euros. O prazo de presentación de propostas está aberto até o 5 de outubro a través da Plataforma de Contratación do Estado.

O proxecto a executar suporá a transformación integral da praza de abastos e a súa modernización e dixitalización.  Na actuación mellorarase a envolvente do edificio, instalarase sistemas de aerotermia e aproveitarase a luz natural do lucernario co que se mellorará a eficiencia enerxética da praza, un aspecto no que redundará tamén a carpintería de alumiño RPT que se instalará así coma a iluminación de baixo consumo.

A praza estruturase en catro zonas. No extremo suroeste estará o acceso principal limitando coa nova zona exterior cuberta que se vai crear. No lado sureste haberá un acceso secundario, mentres a zona noreste terá vocación de servizos co acceso de carga e descarga. Por último no noroeste crearase un local gastronómico e unha área polivalente que servirá de obrador e sala de formación e degustación para acoller cursos ou charlas.

No centro da praza haberá unha illa informativa visible dende o acceso, que proporcionará información ás persoas que se acheguen a esta instalación. Entre os catro espazos plantexados crearanse percorridos  para favorecer a interacción e a compra. Os postos dos praceiros e praceiras ocuparán o perímetro da zona central situando no medio unha zona de descanso con mesas e cadeiras.  

Por outra parte están tamén en proceso de licitación o proxecto de rehabilitación do Cárcere Vello por importe de 550.004,43  euros por parte de Turismo de Galicia. As empresas interesadas poden presentar as súas propostas  até o 3 de outubro

Tras as obras, financiadas con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia NextGenerationEU, o Cárcere Vello recuperará a súa estrutura e imaxe orixinal para converterse Centro de Recepción e Atención de Peregrinos e Centro de Interpretación Histórico-Artístico. O proxecto museográfico a realizar porá en valor o patrimonio e legado histórico de Tui. O edificio dotarase coa última tecnoloxía con de holografías e paneis interactivos que permitirán percorrer a historia tudenses. Amais será totalmente accesible grazas á instalación de elementos de mobilidade e paneis informativos adaptados para persoas con diversidade funcional e cognitiva. Contará cunha consigna para peregrinos e no patio crearase unha praza central que poderá gozar tanto a poboación local coma as persoas que visiten Tui.

O goberno municipal de Tui, co avance na tramitación destas dúas obras, destaca a aposta por “proxectos ambiciosos destinados a mellorar os equipamentos e os servizos da cidade”. Engaden que o investimento de case 2 millóns de euros nesta actuación é froito “do traballo de xestión e planificación realizado previamente na elaboración dos proxectos”, así como no traballo rigoroso realizado para  poder concorrer as liñas de subvención das diferentes administracións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí