Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

IV REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA O 27 DE DECEMBRO NA GUARDA

Domingo 27 de Decembro de 2015 na Guarda

Domingo 27 de Decembro de 2015 na Guarda

Fecha: 26 de Diciembre de 2015

Fuente: Anuncio Público


Lugar: Porto · A Guarda
Fecha: 27/12/2015 9:30:00 · quedan 18 días
Estado: Abierto
IV REUNIÓN ATÉTICA SOLIDARIA

Fecha límite de inscripción al evento

10/12/2015 21:30:00

Máis información aquí

 

IV REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA

Regulamento:
1º - O Concello da Guarda e a Sociedade Atlética do Trega coa colaboración das asociacións locais de Conrazones, Asociación San Vicente Paúl, Servizos Sociais do Concello e Club de Remo Robaleira, celebrarase a IV Reunión Atlética e Andaina Solidaria o día 27 de Decembro do 2015 no porto da Guarda.
2º A inscrición será gratuíta e cada atleta participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. Agradecemos en especial a entrega de leite, azucre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, produtos envasados ó baleiro, aceite e produtos de uso diario como champú e xel.
3º Convidamos os deportistas que a título individual ou colectivo queiran sumarse a esta iniciativa e á cidadanía en xeral, a colaborar na doazón de alimentos que serán recollidos na secretaría da carreira.
3º Os horarios de saída das carreiras populares (federados e non federados) serán os seguintes:

CATEGORÍAS DATA NACEMENTO DISTANCIA APROX. SAÍDA APROX.
ANDAINA Todas as idades 12 Km 09:30

Sénior mulleres e homes 93 e antes 10 Km 10:15
Veteranos mulleres e homes 35 a 39 anos
Veteranos mulleres e homes 40 a 44 anos
Veteranos mulleres e homes 45 e antes
Promesas mulleres e homes 94/95/96/97/98/99/2000

Carreira menores 2001/2/3/4/5/6/7/2008 1.500 m 10:20

Pulgas mulleres e homes 2009/10/11/12/13/2014 150 m 11:45

Entrega premios 12:00

4º As inscricións efectuaranse a través na páxina http://www.reunalia.com/349996. Os participantes deberán enviar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, nº ficha (federados), club, residencia, data nacemento completa e teléfono).
Tamén se pode acceder ao enlace: http://www.reunalia.com/349996 a través de http://deporteaguarda.blogspot.com.es ou Deporte A Guarda no facebook.

5º - O prazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba.

6º O percorrido para a carreira promesa e sénior será o seguinte: saída e chegada no Porto da Guarda, Fernández Albor, Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Lamiña, Armona, Lagoas, Puntal, Senda Litoral, Fernández Albor e Porto da Guarda. Para o resto de categorías adaptaranse dous circuítos no entorno do paseo Marítimo do Porto Guardés.
A andaina transcorrerá polo mesmo recorrido que o ano pasado, compartindo tramos cos corredores.

7º Na carreira Promesa/Senior e veteranos realizarase unha clasificación por categorías de ambos os dous sexos que estarán dispoñibles nas páxinas de facebook Deporte A Guarda, http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ e http://www.trega.es/.

8º Entregaranse medallas/trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías promesa, sénior e veteranos.

9º A andaina, as carreiras de menores e pulgas non son competitivas, non haberá clasificación por categorías nin trofeos. Todos os participantes, polo feito de participar, recibirán un agasallo.

10º Haberá avituallamento líquido: no 5º Km da carreira e 10 Km e en meta.

11º O remate das carreiras haberá chocolate e rosca para todos os participantes.

12º Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa. Unha vez rematada a proba terán que ser entregados en meta.

13º Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.

14º Os participantes poderán ducharse nas instalacións do Club de Remo ROBALEIRA.

15º Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

16º Dado o carácter popular non se admiten reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.

17º O feito de inscribirse nesta carreira popular leva implícita a aceptación deste regulamento.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones