Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Larriba agradece a Juan Díaz Rodríguez o traballo desenvolvido nos dous últimos anos

A subdelegada do Goberno asistiu ao acto de relevo de mando na Comandancia Naval do Miño.

A subdelegada do Goberno asistiu ao acto de relevo de mando na Comandancia Naval do Miño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2021

Fuente: Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada de  Goberno, Maica Larriba, participou hoxe no acto de Entrega de Mando ao capitán de corbeta Pablo Redondo Belzunce. Estivo presente no acto o almirante de Acción Marítima, Juan Luis Sobrino Perez-Crespo e o capitán saliente, Juan Díaz Rodríguez, a quen Larriba quixo adicar unhas palabras.

A subdelegada destacou de Díaz Rodríguez o seu compromiso e labor á fronte da Comandancia Naval do Miño. “Foi un último ano e medio complicado, que nos serviu para comprobar os efectos que ten restablecer unha fronteira da cal xa nos esqueceramos. Porque por fortuna este río que hoxe temos ás nosas costas e que un día serviu de fronteira natural, co paso do tempo converteuse nun nexo de  unión entre ambas beiras, e sobre todo, nun eixo de cooperación transfronteiriza”, explicou en declaracións Larriba.

A subdelegada lembrou tamén o Tratado de Límites, que ano a ano rubrica cada país e que hoxe é un acto de irmandade entre ambos pobos. “O que fai séculos separou aos dous estados hoxe serve como nexo de unión e permite unha xestión dos recursos naturais desde o punto de vista da solidariedade e a sostenibilidade”, afirmou Larriba.

A subdelegada quixo tamén poñerse a disposición do novo capitán, ao que lembrou “que sempre poderá contar coa colaboración desta subdelegada e de toda a Subdelegación do Goberno de Pontevedra”.

A Comandancia Naval do Miño

A Comandancia Naval do Miño foi creada no ano 1989 polo R.D. 1333/88 no cal se establecían as zonas marítimas e a división do litoral en provincias e distritos marítimos.

O mesmo decreto estableceu que esta Comandancia Naval desempeñe os labores encomendados á Armada en virtude dos acordos entre España e Portugal relativos ao Tramo Internacional do Río Miño.

Adscritos a esta Dependencia quedan o patrulleiro de vixilancia interior "Cabo Fradera", o cuartel e vivenda de Tui, os destacamentos navais establecidos ao longo do río (Camposancos, Forcadela, Salvaterra e Arbo), e os botes e embarcacións menores asignados ás citadas dependencias.

Como herdeira da antiga "Ayudantía Militar de Mariña" e do "Cuartel Cabo Fradera", a Comandancia asumiu tamén as funcións de ambos, facéndose cargo da xestión administrativa do río —expedición de licenzas de caza e pesca, control de obras realizadas nas marxes do río e da explotación dos recursos naturais — e das funcións de vixilancia no Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones