Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Lectores da Biblioteca Pública Municipal e da Biblioteca do IES A Sangriña xa contan con exemplares do Cómic -Historia dunha Loita-

O cómic basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus

O cómic basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda recibiu os cómics “Amelia: historia dunha loita” adquiridos dende o CIM e fixo entrega de varios exemplares na xornada deste luns á Biblioteca do IES A Sangriña(BiblioTrega) e á Biblioteca Pública Municipal da Guarda(para o seu Punto lila).

Nos actos de entrega no IES A Sangriña e na Biblioteca Pública Municipal estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Directora do Centro de Información á Muller da Guarda, Yolanda Villaverde, xunto cos responsables das respectivas bibliotecas.

Con esta entrega péchanse as actividades promovidas dende o CIM da Guarda e na que participou o alumnado de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña da Guarda.

O cómic “Amelia: historia dunha loita” basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus. Este proxecto nace en forma de cómic xa que ler un cómic ofrece un acceso inmellorable a un determinado grupo da poboación máis moza que, co emprego doutros medios máis tradicionais, veríamos comprometido o obxectivo principal de chegarlles directamente e sen recelos, sendo un instrumento ideal para conectar da maneira más eficiente con este público.

Amelia Tiganus estivo hai dous anos na Guarda nun relatorio e para completar esta acción, decidiuse centrar as accións deste ano na poboación máis nova a través da presentación deste cómic, realizada fai uns meses.

Amelia Tiganus é una activista feminista , nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Trátase dunha actividade financiada polo Pacto de Estado con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones