Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Lete Lasa destaca a importancia da actividade física nas idades máis temperás ante os 375 nenos e nenas que participaron na proba de campo a través Xogade no Rosal

A proba encádrase no marco do deporte escolar promovido polo programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promo

A proba encádrase no marco do deporte escolar promovido polo programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promo

Fecha: 21 de Enero de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe á proba de campo a través que tivo lugar no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño, do Concello do Rosal. A proba contou coa participación de 375 nenos e nenas dos colexios da zona e dos clubs de atletismo da mesma.

O máximo responsable do deporte a nivel autonómico destacou a "importancia do deporte na educación dos máis cativos porque xera modelos de vida saudable que lles acompañarán ao longo da súa vida". "Debemos continuar promovendo o deporte base como unha das nosas prioridades para ter mellores atletas e cidadáns o día de mañá", engadiu.

A proba encádrase no marco do deporte escolar promovido polo programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promovida dende a Xunta de Galicia. Do mesmo xeito, Lete Lasa agradeceu o traballo do Concello do Rosal, da Agrupación Deportiva Baixo Miño (Agrudebam), así como da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón.

Os rapaces e rapazas participaron nas categoría benxamín (49 nenas e 51 nenos), alevín (58 nenas e 80 nenos), infantil (54 nenas e 58 nenos) e cadete (13 nenas e 12 nenos). Todos eles proveñen do CEP Alatamira (Salceda de Caselas), CEIP N1, CEIP N2, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe e CEIP de Pazos de Reis (Tui), CEIP de Tebra, CEIP de Sobrada, CEP Pedro Caselles, CEIP de Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández e o IES Antón A. Ríos (Tomiño) así como do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal). Tamén terán representación os clubs de atletismo da zona como o Club Atletismo Tui (Tui) e a Sociedade Atlética Trega (Tomiño). Fóra de clasificación compiten o Club Atletismo Porriño e a Sociedade Deportiva San Xerome Emiliani. O Servizo de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia pon a disposición de todos os cativos un total de sete autobuses desde todos os centros participantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones