Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

LETE LASA RECIBE OS MEMBROS DO EQUIPO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS QUE PARTICIPARON NO CAMPIONATO EUROPEO 2014 DE BALONMÁN

A xogadora Naiara Egozkue, a fisioterapeuta Noelia Oncina e o adestrador Manuel Etayo, participaron nun torneo onde a Selección Española conseguiu a medalla de prata

A xogadora Naiara Egozkue, a fisioterapeuta Noelia Oncina e o adestrador Manuel Etayo, participaron nun torneo onde a Selección Española conseguiu a medalla de prata

Fecha: 07 de Enero de 2015

Fuente: www.xunta.es

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu aos membros do equipo Mecalia Atlético Guardés que formaron parte da selección española de balonmán feminino gañador da medalla de prata no Campionato Europeo 2014, a xogadora Naiara Egozkue, o adestrador Manuel Etayo e a fisioterapeuta Noelia Oncina.

No encontro estiveron tamén presentes o presidente do Mecalia Atlético Guardés, Lorenzo Fernández, así como o director xerente de Mecalia, José Manuel Silva.

Naiara Egozkue, Manuel Etayo e Noelia Oncina participaron na XI Edición do Campionato Europeo de Balonmán celebrado o pasado mes de decembro en Croacia e Hungría e no que lograron un merecido segundo posto.

Deste xeito, tres compoñentes do Metalia Atlético Guardés estiveron neste campionato, Manuel Etayo como segundo adestrador da Selección Española, e Noelia Oncina como Delegada de Equipo. Etayo é primeiro adestrador do Atlético Guardés de División de Honra e coordinador de todos os equipos e chegou ao equipo galego procedente do Beti-Onak de Villaba (Navarra). Pola súa banda, Noelia Oncina é a fisioterapeuta e delegada do Atlético Guardés, anteriormente, xogadora de balonmán en varios equipos como o Balonmán Málaga ou o Sierra Nevada. Foi internacional absoluta en 174 ocasións e marcou 406 goles, acadando a medalla de Prata no Campionato de Europa de 2008.

A xogadora Naiara Egozkue xogou na posición de extremo esquerdo. Naceu en Navarra en 1983 e antes do equipo de A Guarda, xa formou parte da Sociedad Deportiva Itxako e no Bayer O4 Leverkusen. Foi internacional con España en 33 ocasións, nas que marcou 47 goles.

Estivo presente no Campionato do Mundo de 2013 disputado en Serbia anotando cinco goles en seis partidos. No pasado europeo participou nos oito partidos que disputou España e anotou 6 goles. A nivel de clubes, coa S.D. Itxako gañou catro ligas españolas, tres copas de España, unha copa EHF e foi finalista da liga de campións da EHF en 2011.

Tal e como lembrou o secretario xeral para o Deporte, "hai que felicitar a estes deportistas, xa que o seu esforzo e traballo permitiu lograr o mellor posto nun campionato europeo dende o ano 2008, cando tamén se conseguiu a prata".

España participou nesta edición no grupo de Hungría, Rusia e Polonia, logrando ir vencendo aos seus contrincantes ata enfrontarse a mellor selección da historia deste torneo, Noruega, que conta con 6 ouros, 3 pratas e un bronce.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí