Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Lete Lasa visita o Club Piragüista Penedo e felicita a Ainhoa Lameiro pola súa recente medalla de prata no mundial de slalom de Lleida

A medalla de Ainhoa Lameiro xunto á prata colleitada polo tamén salcedán Luís Fernández na mesma competición, son os primeiros metais acadados por Galicia nun mundial de slalom.

A medalla de Ainhoa Lameiro xunto á prata colleitada polo tamén salcedán Luís Fernández na mesma competición, son os primeiros metais acadados por Galicia nun mundial de slalom.

Fecha: 18 de Octubre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe as instalacións do Club Piragüismo Penedo. O responsable do Deporte galego gabou a traxectoria deste club tudense que conta con preto de 70 licenzas federativas nas súas dúas disciplinas -slalom e kayak polo- sendo, unha vintena delas, femininas. Neste sentido Lete Lasa lembrou que o Club Penedo recibe en 2019, máis de 1.500 euros pola convocatoria de clubs da Secretaría Xeral para o Deporte e outros 7.000 euros polo Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego.

Dentro da lista de talentosos padexeiros coa que conta o Club Penedo, destaca a deportista de Salceda de Caselas, Ainhoa Lameiro que vén de acadar a medalla de prata en patrullas C1 femininas no Campionato do Mundo de Slalom Olímpico e Augas Bravas celebrado en Seu D´Urgell (Lleida). O secretario xeral mantivo un encontro coa padexeira galega onde lle transmitiu os parabéns en nome de todo o deporte galego e desexoulle a mellor das sortes para o futuro no que, de seguro, acadará novos éxitos.

A medalla de Ainhoa Lameiro xunto á prata colleitada polo tamén salcedán Luís Fernández na mesma competición, son os primeiros metais acadados por Galicia nun mundial de slalom. Así, o secretario xeral destacou que grazas ao "incrible nivel piragüista existente en Salceda de Caselas, Galicia reforza a súa posición como líder no piragüismo internacional, agora tamén nas augas bravas".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones