Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Literatura, teatro e música na XXII Feira do Libro Galego de Tui para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres

Haberá 20 postos de libros, exposición de maios e paneis informativos sobre a vida de Antón Fraguas

Haberá 20 postos de libros, exposición de maios e paneis informativos sobre a vida de Antón Fraguas

Fecha: 15 de Mayo de 2019

Fuente: Concello de Tui

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui a XXII Feira do Libro Galego que se vai celebrar este venres, 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Antón Fraguas.

Haberá 20 postos de libros no Paseo da Corredoira das librarías Espazo Lector Nobel e Iris, de 11.00h a 22.00h, que ofrecerán un 10% de desconto. Ademáis exporanse Maios e paneis informativos sobre a figura do historiador e xeógrafo, Antón Fraguas, realizados polos centros educativos e asociacións culturais de Tui.

A escritora Iria Misa abrirá a feira ás 11.00h, dando paso a continuación ás actuacións musicais do grupo de pandereteiras As D´Abadía da Asociación cultural "A Insua" de Caldelas e continuarán a Coral Ponte das Febres(11.30h), o concerto familiar de Urdime con "Fantasía musical" (12.00h) e a Banda de Gaitas "Lembranzas da Terra" de Guillarei (13.00h).

Pola tarde, ás 16.00h haberá un obradoiro de marcapáxinas con En un Tris Tras. Ás 17.30h volve a música cunha actuación do grupo folclórico "O Mosteiro" de Pexegueiro. Unha hora despois, ás 18.30h Contacontos de Culturactiva con "Bandullo Azul: Flipa cos contos", ás 19.30h teatro de rúa tamén de culturactiva con "Saaabor". A programación rematará ás 20.30h coa actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui. Pola mañá a Radio Municipal de Tui fará un programa especial co gallo do Día das Letras Galegas e da Feira do Libro Galego.

Na presentación desta mañá destacou o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, a ampla oferta de actividades que engloba esta feira, que reúnen a tradición galega, coa música e a contemporaneidade do teatro na rúa. Pola súa parte, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, mostrábase satisfeito de contar en Tui con este evento xa consolidado que fomenta tanto a lectura como a lingua galega.

En caso de choiva celebrarase o domingo 19 de maio.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones