Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Luís Bará: O aforro galego debe reverter no tecido produtivo do país

O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra instou a asumir competencias financeiras dende Galiza

Sinalou a necesidade da frear as políticas madrileñas e da UE que frean potencialidades propias como as da pesca

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Junio de 2016

Fuente: BNG - Baixo Miño

O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, sinalou hoxe no mítin de A Guarda que o aforro galego debe reverter no tecido produtivo do país para xerar riqueza e emprego. Destacou a necesidade de asumir competencias financeiras dende Galiza creando unha banca pública galega ou un Instituto de Crédito e Investimento, e subliñou a importancia de revisar o modelo fiscal e aplicar medidas efectivas de loita contra a fraude e evasión fiscal.

Bará aproveitou a súa intervención no concello do Baixo Miño para afondar en medidas económicas para sacar a Galiza da crise. Sinalou que só o BNG será quen de defender as potencialidades do país para xerar riqueza e emprego, como xa o demostrou durante 20 anos no Congreso. Neste punto, non dubidou en asegurar que durante os últimos cinco meses o país estivo "ninguneado" tanto polas vellas como polas chamadas novas forzas políticas, que non tiveron en conta as necesidades e intereses "do noso pobo" á hora das negociacións.

O cabeza de lista tamén fixo referencia á situación da pesca no concello de A Guarda, que como a do resto de Galiza vén marcada por políticas e decisións tomadas en Madrid e Bruxelas que teñen marcado ao sector negativamente. Bará falou dos problemas das cotas ou dos descansos obrigatorios para os mariscadores, que nun porto en mar aberto como o local supoñen unha eiva clara ao estar tamén condicionados polo mal tempo. Destacou, así mesmo, que as administracións deben favorecer sinerxias entre confrarías para favorecer a comercialización dos produtos tendo en conta as peculiaridades de cada zona para incrementar a rendibilidade económica do traballo dos mariñeiros.

O nacionalista subliñou por último que a candidatura do BNG "quere coller da man a todas as mulleres e homes que nestes momentos dubidan sobre cal é a opción máis útil para cambiar as cousas". "Na Galiza o máis útil é votar BNG, nun contexto sen maiorías absolutas porque nin o bipartidismo da esquerda, nin o da dereita estatais suman para conformar goberno", salientou, para argumentar que a representación do Bloque ten dun dobre obxectivo: "deixar atrás ao PP e á dereita máis rancia e pór condicións ao novo goberno a favor dos galegos e das galegas".

"Os e as deputadas do BNG son a inversión máis segura para todas as persoas que dubidan, porque non lles gustou o que viron estes cinco meses, porque están cansadas de ver como os que prometeron cambio só miran polos seus intereses de partido. A esas persoas dígolles que non queden na casa, que o 26X vaian a votar, que voten polo BNG que nunca vai xogar coas súa esperanzas nin fallarlles", concluíu.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones