Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

LUÍS BARÁ: -O NOSO PAÍS DEBE DEFENDER AS SÚAS POTENCIALIDADES E SE O BNG ESTÁ EN MADRID, GALIZA ESTÁ-

O nacionalista presentouse en Tui como cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra para as xerais do 26-X

O nacionalista presentouse en Tui como cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra para as xerais do 26-X

Fecha: 24 de Mayo de 2016

Fuente: BNG - Prensa

"O noso país debe defender as súas potencialidades, e se o BNG está en Madrid, Galiza está. Dous deputados poden ser moi importantes para a formación de goberno, así que hai que apostar por ter unha presenza galega 100% no Congreso". O nacionalista Luís Bará encabezou así o seu discurso en Tui na súa presentación na comarca do Baixo Miño como número un da lista do BNG pola provincia ás eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. "Houbo moita xente que botou en falta unha voz propia, forte e contundente como a do BNG en Madrid nestes últimos meses, xa que houbo unha ausencia clara de Galiza no Parlamento. So presenciamos un espectáculo vacuo e pobre da política madrileña sen unha representación galega. Nós non queremos ir a Madrid para ser figurantes dun espectáculo ridículo e cutre. O noso país merece respecto", dixo.

Bará destacou que o país debe ter confianza nas súas potencialidades. "Galiza é un país rico con multitude de iniciativas e de proxectos que saen adiante a pesares de atrancos e dificultades", salientou. Neste sentido fixo referencia, por exemplo, ao traballo realizado no Baixo Miño polos viveiros ou tamén no sector do viño. "Se defendemos o noso, se somos quen de organizarnos, hai recursos, saber e enerxías suficientes para construír un futuro mellor", salientou.

Bará fixo fincapé en que "temos que ser as forzas propias do país, galegas 100%, as que loitemos polo futuro", dixo, para lembrar o traballo realizado polo BNG como representación de Galiza en Madrid nos últimos anos. "Acadáronse moitos avances polo traballo feito fronte ao espectáculo e ao esquecemento das forzas estatais e as súas sucursais galegas", indicou, para poñer como exemplo o simulacro de negociación de pacto de goberno despois das eleccións do 20D, no que Galiza non apareceu por ningunha parte.

En canto ao traballo por facer, Bará Finalmente, Bará salientou que o BNG é consciente da situación de emerxencia social e nacional actual, onde hai moita xente a sufrir as consecuencias do sistema. "Galiza está nunha situación de emerxencia por mor das medidas contrarias adoptadas en Madrid e en Bruxelas coa conivencia do Goberno español e da Xunta", salientou.

Por último, o candidato por Pontevedra finalizou asegurando que "debemos defender o respecto para o noso país. No BNG imos defender a nosa dignidade e orgullo. Iremos a todas partes para defender esas ideas, valores e sentimentos que imos poñer por diante para que Galiza estea representada en Madrid".

Xunto a Luís Bará na súa presentación como candidato en Tui estiveron presentes membros institucionais e orgánicos da comarca do Baixo Miño: a alcaldesa e os concelleiros de Tomiño, Sandra González, Francisco Campo e Uxío Benítez (tamén deputado provincial); Ángel Baz, concelleiro en A Guarda; Carmen Núñez e José Martínez, concelleiros en Tui; Ánxela Fernández, voceira en O Rosal; Tomás García, responsable local de Tui; María Rebellado, membro de Galiza nova en Tui; así como outros militantes e simpatizantes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí