Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luis López salienta o -gran valor social- dos Premios Cidade de Tui na gala de entrega celebrada nas Festas de San Telmo 2021

O representante autonómico destaca a celebración do San Telmo con seis xornadas cheas de actos que misturaron os protocolos de seguridade sanitaria con eventos virtuais e valora a ?gran responsabilidade? da sociedade tudense

O representante autonómico destaca a celebración do San Telmo con seis xornadas cheas de actos que misturaron os protocolos de seguridade sanitaria con eventos virtuais e valora a ?gran responsabilidade? da sociedade tudense

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Abril de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, salientou hoxe o “gran valor social” dos Premios Cidade de Tui durante a gala de entrega dos galardóns celebrada este mediodía no Teatro Municipal da Área Panorámica con motivo da xornada de clausura das Festas do San Telmo 2021.

O representante autonómico, que entregou o premio, a título póstumo, concedido ao animador e divulgador Alberto Estévez Piña, trasladou os parabéns da Xunta de Galicia aos galardoados, entre os que tamén figuraban a Residencia San Telmo, xestionada polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados dende 1882, e o escultor Silveiro Rivas.

Luis López agradeceu ao Concello e á sociedade tudense “o seu compromiso co recoñecemento público aos grandes defensores e embaixadores da vida económica, social e cultural deste municipio a través destes premios” e destacou a importancia da posta en valor “da xente que traballa na consecución dos fitos colectivos nunha vila tan antiga, tan rica en historia e de tanta importancia para Galicia”.

Polo demais, o delegado territorial tamén valorou moi positivamente a celebración das Festas do San Telmo, das máis coñecidas da comunidade galega, con seis xornadas cheas de actos “que se desenvolveron sen ningunha incidencia misturando os estritos protocolos de seguridade sanitaria con eventos virtuais para poder ir recobrando pouco a pouco a normalidade da vida social sen deixar de manter a raia a ameaza da covid-19”.

Quero destacar e agradecer a gran responsabilidade e o compromiso do pobo de Tui para celebrar o San Telmo aceptando estas necesarias limitacións, pero amosando a todo o mundo que podemos ir recuperando paseniñamente e con moito coidado a nosa vida social, que é algo que agardamos que poida acelerarse a medida que segue a avanzar o proceso de vacinación”, concluiu Luis López.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí