Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba informa o alcalde de Tui sobre o proxecto de reforma na avenida de Portugal

Na reunión tamén informouse sobre o reintegro das axudas para a zona de Paramos, afectada pola explosión da pirotecnia ilegal, ocorrida o ano pasado.

Na reunión tamén informouse sobre o reintegro das axudas para a zona de Paramos, afectada pola explosión da pirotecnia ilegal, ocorrida o ano pasado.

Fecha: 03 de Julio de 2019

Fuente: Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba desprazouse este medio día ata a localidade de Tui para manter unha reunión de coordinación co seu alcalde, Enrique Cabaleiro e impulsar diversos proxectos entre as dúas administracións.

Larriba destacou o proxecto de remodelación da N-551, relacionado cunha actuación de seguridade viaria de apenas medio quilómetro entre o posto fronteirizo e a rotondoa do Parador de Tui. Tal como sinalou a subdelegada do goberno "pretendemos mellorar en seguridade viaria nesta intersección entre a N-551 e N-550, implantando unha glorieta". Con esta reordenación urbanística "poderase mellorar as seccións para os itinerarios peonís", engadiu.

Igualmente, quixo destacar que "se mellorará a contorna do edificio de Aduanas e da Policía Transfronteiriza e a conseconte reordenación do tráfico rodado. Igualmente conseguirase a ampliación de beirarrúas convertendo esta travesía de acceso de peregrinos polo camiño Portugués, nunha contorna urbana e segura."

Este proxecto conta xa cun avanze por parte do Ministerio de Fomento, no que se indica un orzamento de aproximadamente 720.000 euros. É por iso que a subdelegada comprometeuse a impulsar esta actuación no marco dos proxectos para o noroeste de país e que a principios do próximo ano poida licitarse definitivamente a obra.

Tanto o alcalde como a subdelegada acordaron "redobrar esforzos comúns para transmitir ao propio Ministerio de Fomento a importancia de que esta actuación sexa unha realidade para o próximo Ano Xacobeo".


AXUDAS EXPLOSIÓN PIROTÉCNIA ILEGAL
Por outra banda, o novo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tamén compartiu coa subdelegada a información das axudas pola explosión da pirotécnia ilegal de Paramos. A este respecto, Larriba quixo transmitir a Cabaleiro que "desde a subdelegación se está a traballar intensamente na resolución dos expedientes para que poidan reintegrarse o máis axiña posible á administración municipal". Hai que lembrar que o concello presentou dúas concesións de axudas. Unha delas para o desamiantado da zona da explosión por valor duns 400.000 euros, e outra para o proxecto de rebo, por un valor dun millón de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones