Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba mantén una xuntanza de traballo co alcalde de Tui para analizar a situación de Paramos

A Subdelegada recorda a Carlos Vázquez Padín a necesidade de vixiar as instalación da pirotecnia clausurada polo Concello

A Subdelegada recorda a Carlos Vázquez Padín a necesidade de vixiar as instalación da pirotecnia clausurada polo Concello

Fecha: 28 de Septiembre de 2018

Fuente: Subdelegación del Gobierno en

A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín na que analizaron como se atopan os distintos trámites tras a aprobación o sete de setembro, en Consello de Ministros, da zona de Paramos como "zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil".

En primeiro lugar, a Subdelegada aseguroulle o alcalde que o proxecto que había presentado para o desentullo da zona foi remitido o Ministerio de Política Territorial, xa que tal e como recolle o propio acordo do Consello de Ministros, "será o Ministerio de Interior o que, tras a firma dun protocolo entre Política Territorial e o concello de Tui, quen articulará as axudas que garanticen o desentullo da zona". "Este é un compromiso firme do Goberno como xa ven explícito no acordo do sete de setembro", recordou Larriba.

Ao mesmo tempo, a Subdelegada tamén indicou que se están a facer consultas con Facenda para garantir que as axudas que os afectados da zona de Paramos reciban para a reconstrución das súas vivendas queden exentas da tributación do IRPF, como había solicitado a propia Plataforma de Afectados nunha xuntanza previa. Unha consulta similar se ten elevado ao Instituto nacional da Seguridade Social sobre o efecto que poidan ter estas axudas sobre algúns casos de afectados que son pensionistas e perciben rendas con complementos a mínimos. "Sobre todo nestes casos é onde máis estamos a facer fincapé porque son os afectados máis vulnerables e os que máis nos preocupan nesta Subdelegación", subliñou Larriba.

Outro dos aspectos aos que tamén se referiu a Subdelegada é a situación da pirotecnia clausurada polo Concello de Tui e a súa seguridade. Maica Larriba insistiulle o alcalde na necesidade de vixiancia e control desas instalacións "dado que no seu interior existe material explosivo e pode resultar perigoso polo que é necesaria unha implicación total do concello por ser o ordenante da clausura".

Polo momento, tal e como informou o alcalde aínda non teñen decido como van a acometer a sentencia de reposición urbanística, ao que a Subdelegada recordoulle a necesidade de que se permita os accesos as instalacións clausuradas dos servizos de vixiancia e control neste período de tempo e "a máxima precaución antes de realizar calquera obra nunhas instalacións desta consideración".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones