Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 100 XOGADORES E XOGADORAS PARTICIPAN DENDE O PASADO LUNS NO IV CAMPUS DE BALONCESTO JOE ARLAUCKAS DE TUI

O Campus dispón sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, ademais de práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc

O Campus dispón sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, ademais de práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc

Fecha: 30 de Julio de 2015

Fuente: Campus Joe Arlauckas - Tui

Para o xoves o Campus recibirá a visita de Pepe Casal, ex preparador físico de Pau Gasol e Juan Carlos Navarro. O venres pola mañá estará o xogador do COB Ourense Baloncesto Salva Arco

Arredor de 100 xogadores e xogadoras procedentes das canteiras de equipos galegos e portugueses pertencentes a equipos ACB, ADECCO e LEB, participan dende o pasado luns, e até este sábado, no IV Campus de Tecnificación de baloncesto Joe Arlauckas de Tui.

O Concello de Tui presentou este mércores ás 12.30h. no Parador de Tui, o IV Campus de Baloncesto Joe Arlauckas. O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes Laureano Alonso, do ex baloncestista e representante do Campus Joe Arlauckas, da baloncestista, Elena de Alfredo, ademais do presidente do CB Tui, Juan Cal e do responsable da organización do Campus, Ismael Rodríguez.

O Campus dispón sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, ademais de práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc. O Campus tamén se complementará con mini-ligas de verán, concursos deportivos, actividades recreativas, charlas con profesionais do baloncesto, encontros con axentes de xogadores, etc.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu o labor e felicitou a todos os que traballaron por facer posible a cuarta edición deste evento deportivo e prometeu nun futuro, un maior esforzo económico por parte do Concello. Asemade, quixo trasladar o convite a todos os veciños e veciñas de Tui a que acudan a ver o Campus e asistan ás actividades.

Pola súa banda, Laureano Alonso explicou que este Campus se trata dun dos eventos máis destacados do panorama deportivo tudense e que servirá para que os cativos se familiaricen coa práctica deportiva no baloncesto.

Dende o CB Tui deron conta que o Campus creceu exponencialmente en todo este tempo, xa que hai tres anos contaban con 30/40 nenos participantes e arestora xa son 100, procedentes tanto da contorna, como de Portugal. Tamén quixeron destacar que os obxectivos de realizar este Campus pasan porque os mozos aprendan as técnicas do baloncesto e se divirtan; que o nome de Tui estea no mapa do baloncesto a nivel estatal e que o Campus se sitúe como referente no panorama nacional.

O Campus está dirixido polo ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, xunto a un equipo de adestradores superiores como Rafa Monclova (Sevilla Baloncesto), Cesar Iglesias (Selección Galega), José Miguel González e Miguel Ángel Simón (C.B. Tui) e da fisioterapeuta Marta Zurro (Selección absoluta de Angola e Selección de Castela e León).

Para o xoves o Campus recibirá a visita de Pepe Casal, ex preparador físico de Pau Gasol, Juan Carlos Navarro, Tamara Abalde ou Nuria Martínez, adestrador do Obradoiro CAB no 1º ascenso a Liga ACB, e ex preparador físico das Seleccións FEB. Estará no Campus para dar unha charla-conferencia sobre preparación física, será no salón de actos do Seminario Menor de Tui. Tamén contarán coa presenza o venres pola mañá do xogador do COB Ourense Salva Arco.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones