Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 138 cidades, entre elas Tui, realizarán a Alfombra Mundial en xullo de 2021 promovida polos Alfombristas do Camiño

A Orde do Camiño de Santiago será embaixadora do proxecto a nivel mundial

A Orde do Camiño de Santiago será embaixadora do proxecto a nivel mundial

Fecha: 17 de Enero de 2020

Fuente: Concello de Tui

A realización dunha alfombra de flores cun mesmo deseño a nivel mundial o 24-25 de xullo de 2021 é o proxecto no que traballa a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago. Ao mesmo téñense sumado xa 138 cidades, entre elas Tui. Ser embaixadores deste proxecto é o obxectivo do convenio asinado este mediodía na casa do concello de Tui entre do presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, e do vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo. O acto foi presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e contou coa presenza de representantes das asociacións de alfombristas de Tui, Maria de los Ángeles Fernández, de Gondomar, Mercedes González, e de Bueu, Carmen Farto.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, agradeceu a ambas entidades - a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago e a Orde do Camiño de Santiago - ter elixido Tui para asinar este convenio. Indicaba na súa intervención que "ningunha cidade mellor que Tui reflicte o sentimento sobre o espírito do Camiño de Santiago. Somos unha cidade histórica cun legado histórico único, porta de entrada do Camiño Portugués de Santiago...". E afirmaba que nestes momentos o "Camiño de Santiago para os tudenses é unha das nosas principais sinais de identidade".

O vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo, cualificou o proxecto de realización dunha alfombra mundial de "extraordinaria" apuntando que os membros da orde que representa - formada por máis de 1.200 persoas de 24 países - e os alfombristas serán embaixadores do Camiño de Santiago. Tamén agardou que o de hoxe sexa o comezo doutros proxectos que se realicen para pór en valor Tui coma porta de entrada do Camiño Portugués.

O presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, explicou que hoxe se cumpren 6 meses dende o nacemento deste proxecto ao que se teñen sumando xa 138 cidades das que 68 están en España, 22 delas en Galicia, 33 en Italia, e outras en máis de 17 países. Cada día se van incorporando novos municipios. Un proxecto que está unindo ao alfombrismo de todo o mundo dende o Camiño de Santiago, e que pon en valor tanto a vía xacobea coma o alfombrismo.

A comisión xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago tamén promove outro proxecto denominado "Alfombras para el Camino", que consistirá na realización, de xaneiro a xuño de 2021, de alfombras en cada un dos camiños de Santiago.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones