Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 200 persoas despediron hoxe nun sinxelo acto a Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel

Máis de 200 persoas achegáronse esta tarde ao parque do Souto para despedir a Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel falecidos o pasado 23 de maio na explosión no barrio da Torre en Paramos.

Máis de 200 persoas achegáronse esta tarde ao parque do Souto para despedir a Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel falecidos o pasado 23 de maio na explosión no barrio da Torre en Paramos.

Fecha: 11 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Máis de 200 persoas achegáronse esta tarde ao parque do Souto para despedir a Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel falecidos o pasado 23 de maio na explosión no barrio da Torre en Paramos.

O acto comezou cun minuto de silencio tras o cal o alcalde, Carlos Vázquez Padín, manifestou que "todo o concello nos sentimos partícipes e solidarios coas perdas dos veciños do barrio da Torre da parroquia de Paramos e da parroquia de Guillarei" engadindo que "só hai unha cousa que non poderemos remediar, por moito que pase o tempo, que é a perda de dúas vidas humanas, a perda do matrimonio Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel que faleceron" deixaron aos seus dous fillos orfos "que é o que máis nos fire e máis nos doe a todos os tudenses". Sinalou o rexedor que dende o Concello estase pendente da situación dos dous menores, que nestes momentos son tutelados pola Xunta. Apuntou o rexedor que "non podo máis que sumarme a este sentimento de solidariedade e profunda dor que sinte o concello de Tui e especialmente estas parroquias de Paramos e Guillarei" para engadir que "dende o concello imos facer todo o posible por axudarvos a superar este difícil trance, por axudarvos, e que Paramos volva a súa normalidade o antes posible".

Carlos Vázquez Padín quixo agradecer o exemplar comportamento da comunidade marroquí que "a pesar de estar vivindo unha traxedia de forma moi directa, mantiveron a calma, e demostraron que son uns cidadáns exemplares".

Por último interveu Noureddine Eljabraovi, voceiro da comunidade marroquí para agradecer a asistencia ao acto e a solidariedade amosada tras esta traxedia, así coma o labor dende o Concello en permanente coordinación con eles.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones