Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 200 PERSOAS PARTICIPARON NA XORNADA BILATERAL DE ERASMUS+ NO ÁMBITO DA EDUCACIÓN DE ESPAÑA E PORTUGAL

Cambiando vidas, abrindo mentes é o lema do Erasmus+ e que se quixo pór en valor en toda a Xornada

Cambiando vidas, abrindo mentes é o lema do Erasmus+ e que se quixo pór en valor en toda a Xornada

Fecha: 10 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Máis de 200 persoas déronse cita en Tui para asistir á Xornada Bilateral de Erasmus+ no ámbito da educación e da formación de España e Portugal. O obxectivo deste encontro é a presentación de boas prácticas entre institucións educativas españolas e portuguesas para incrementar así a cooperación entre ámbolos países fronteirizos.

A presentación desta Xornada correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), Pablo Martín, da directora da Agência Nacional Erasmus+ Educação e Formação, Joana Mira Godinho, xunto co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresou que "a escolla da Eurocidade Tui-Valença como sede no día de onte do cumio e hoxe da Xornada, expresa o carácter bilateral deste seminario. Máis aló da aprendizaxe, da formación e das conclusións de traballo que se saquen nesta Xornada, para Tui e Valença supón un escaparate no que as máis de 200 persoas participantes de todos os lugares do país e de Portugal poden coñecer o patrimonio, cultura, gastronomía ou o medio ambiente".

O director do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), Pablo Martín, destacou como intención desta Xornada facer balanzo de resultados do anterior periodo de investimentos 2007-2013, e das primeiras impresións do que acaba de comezar, 2014-2020.

En relación coas estancias Erasmus+, Pablo Martín quixo destacar que "máis de medio millón de mozos españois desfrutaron dunha estancia Erasmus nas últimas décadas e dende o 2012 e ata hoxe preto de 200.000 estudantes e profesores viaxaron máis aló das súas fronteiras, o que lles outorgou maiores competencias idiomáticas e lles permitiu ‘abrir a mente' ó convivir e aprender outras culturas, obxectivo principal do Erasmus+".

A directora da Axencia Nacional Erasmus +, Joana Mira Godinho, pola súa parte, subliñou que esta é a primeira vez que se realiza este encontro bilateral con axencias e beneficiarios de proxectos españois e portugueses, o que supón unha cooperación a nivel local, rexional e estatal entre os dous países. Agardou que este tipo de encontros se poidan repetir anualmente.

Finalmente, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira, destacou a importancia de participar neste tipo de Xornadas, que poñen en valor proxectos que redundan nos alumnos, posto que lles dá a oportunidade de participar en proxectos transfronteirizos que redundan no seu beneficio persoal e laboral de cara ó futuro.

Ao longo da mañá fóronse presentando os resultados, logros e impacto do Programa Erasmus+ e do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) en España e Portugal e presentación das novidades e oportunidades da Convocatoria 2016 do Programa Erasmus+. Tamén se trataron os proxectos transfronteirizos do Programa Erasmus+ no ámbito da Educación e a Formación desde a perspectiva institucional e exemplos de boas prácticas nos centros educativos.

Tralo xantar houbo dinámicas e traballo en grupo, onde se compartiron experiencias en diferentes eidos, coma a cooperación no sector escolar e na escola- empresa, no sector de formación de adultos ou as estancias profesionais.<
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones