Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 230 REMEIROS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA XII REGATA MIÑO INTERNACIONAL COPA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN

A saída será ás 11.45h e a entrega de premios está prevista para ás 13h

A saída será ás 11.45h e a entrega de premios está prevista para ás 13h

Fecha: 16 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tui

Corenta e dúas embarcacións pertencentes a 15 clubs españois e portugueses van participar este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación organizada polos clubs Remo do Miño e Remo Tui co apoio do Concello de Tui. En conxunto serán 238 remeiros os que compitan nesta proba en Catro Scull masculino e feminino, en Oito con temoneiro e en Oito veterano.

A saída terá lugar ás 11.45h dende San Pedro da Torre e rematará fronte aos clubs de remo e piragüismo en Tui, tras completar os barcos unha distancia de 6 quilómetros.

A XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e os presidentes dos clubs Remo do Miño, José Luís Méndez, e Remo Tui, Francisco Javier Álvarez.

Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou o remo coma un dos piares que sustentan a proxección deportiva do municipio, o que significa tamén proxección turística e cultural e captación de recursos. Engadía que hai que ser ambiciosos e aspirar a que Tui poida ser sede de probas europeas ou mundiais deste deporte. Fixo amais un chamamento aos dous clubs a avanzar no camiño para a súa fusión. Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, agardaba que esta proba sirva de impulso ao remo en Tui nun ano importante ao ser olímpico, ao tempo que desexaba a pronta fusión dos dous clubs existentes.

O presidente do Club Remo do Miño, José Luís Méndez, que hai 36 anos cando naceu a Regata Miño Internacional era adestrador do club, sinalou o mérito da entidade por manter esta regata durante case catro décadas.

Francisco Javier Álvarez, presidente do Club Remo Tui, foi o encargado de aportar os datos técnicos da competición que se realizará ao longo de 6 quilómetros dende San Pedro da Torre en Valença ata Tui nas modalidades de Catro Scull feminino e masculino, Oito con temoneiro e Oito veterano. Salientou que a participación se incrementou nun 10% con respecto o ano pasado. Os clubs de Tui presentarán 6 tripulacións que competirán en Catro Scull masculino e feminino e Oito veterano. A participación máis numerosa será a do club de Viana con sete embarcacións.

A entrega de premios está prevista para o domingo ás 13h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones