Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Máis de 300 alumnos de 5º e 6º de Primaria participarán este mércores na segunda proxección de O Cine nas aulas

En concreto asistirán escolares dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María.

En concreto asistirán escolares dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María.

Fecha: 15 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Este mércores, 15 de novembro, 318 alumnos de 5º e 6º de Primaria asistirán no Teatro Municipal de Tui á segunda proxección do programa "O Cine nas Aulas" que leva a cabo o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui.

En concreto asistirán escolares dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María.

A película que visionarán ten importantes referencias cara á amizade e a convivencia, mostrando como as mesmas serven para axudar de xeito positivo e realista a tratar as dificultades que os protagonistas se atopan na vida cotiá. A película mostra tamén coma os seus personaxes logran superar as dificultades: na historia todos os protagonistas teñen unha profunda tristeza pola soidade, abandono ou morte dalgún ser querido. A obra resalta a importancia da amizade, a mesma, é a clave fundamental da historia. Para rematar, tamén se destaca a importancia do coidado dos animais xa que na historia se descubre que un animal aumenta o autoestima do coidador e lle axuda a superar os problemas emocionais que poida ter.

O alumnado recollerá tras a proxección as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello, coas que logo traballarán nas aulas xunto co profesorado. O cinema é un recurso de primeira magnitude para abordar diversas temáticas transversais.

A primeira proxección do programa "O Cine nas aulas" deste curso tivo lugar o pasado día 31 de outubro. Á mesma asistiron 209 alumnos e 10 profesores/as de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón, San Paio, e Colexio Marista Sta María. Coa película proxectada traballaron posteriormente sobre a comprensión e análise do filme, a cultura do desperdicio, a utilización do alcol, e a superación persoal.

O programa continuará no segundo trimestre dirixido ao alumnado de 2º da ESO.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí