Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARON NO II TRAIL DO TREGA

Todos os participantes mostráronse moi contentos polo resultado e a organización deste evento deportivo

Todos os participantes mostráronse moi contentos polo resultado e a organización deste evento deportivo

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Este domingo, 29 de novembro, celebrouse na Guarda, o II Trail do Trega. Este evento, que estivo organizado por Galitiming en colaboración co Concello da Guarda, ofrecía tanto un trail e coma unha andaina.
En total máis de 300 persoas, contando os participantes en ambas modalidades, participaron nestas probas.

Ás 9,15 horas comezaron a andar os máis de cincuenta participantes da andaina. Durante 10 quilómetros os aventureiros, acompañados algúns deles dos seus cans, percorreron moitos e moi singulares espazos do Monte Trega.

Puntualmente, ás 10 horas, os corredores do trail saíron dende a explanada da Sangriña. Tras bordear o Monte Trega comezaron a súa subida pasando tanto polo pico San Francisco coma ó Facho. Os corredores pasaron polo vía Crucis e gozaron das inmellorables vistas do Monte Trega que ofrece a desembocadura do río Miño, o Océano Atlántico e Portugal.

O primeiro corredor, que sobrepasou a liña de meta foi Antonio Liebanes Méndez á hora 42 minutos, seguido de Ramón Ignacio Folgar e de José Luis Dorado. Na categoría absoluta feminina, a primeira clasificada foi Sara Castillo quen terminou os 18 quilómetros ás 2 horas 20 minutos. A Castillo a seguiron Rocío Blanco e Sonia Álvarez González.

Os mellores clasificados da Guarda, na categoría masculina foron, Antolín Martínez, Roberto Romeu e Juan Carlos Campos. Na categoría feminina Fani Granero.

 


Todos os participantes mostráronse moi contentos tanto polo resultado coma pola organización do evento. Así, entre as frases máis escoitadas ó término da proba foron "que duro", "que boas vistas", "que ben organizado" e a máis importante: "volveremos o ano que vén".

O Concello quere dar as grazas a todos os voluntarios que participaron na organización.

As fotografías sacadas durante o II Trail do Trega poderán verse na páxina da proba en facebook, na páxina de Deporte A Guarda, e no blog.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones