Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 500 persoas participarán no VI Desafío Terras de Turonio, a gran cita do ciclismo de montaña por parellas

A proba celebrarase o sábado 4 de maio e terá dous percorridos, un de 60 e outro de 103 km. A saída, ás 09.00 h da Praza do Seixo

A proba celebrarase o sábado 4 de maio e terá dous percorridos, un de 60 e outro de 103 km. A saída, ás 09.00 h da Praza do Seixo

Fecha: 27 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Chega unha nova edición do maratón de BTT por parellas máis importante do norte de España. A sexta edición do Desafío Terras de Turonio chegará ao centro de Tomiño o vindeiro sábado 4 de maio con récord de inscritos: un total de 516 persoas de distintos puntos de España e Portugal participarán na gran cita do ciclismo de montaña de longa distancia por parellas.

Organizado pola firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, o obxectivo desta proba é "pasalo ben, desfrutar do día e das marabillosas paisaxes que imos a atopar durante todo o percorrido". A carreira tamén conta co patrocinio de Powerade, Xtrembike e Bodegas Altos de Torona.

O punto neurálxico da organización estará situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta e onde se colocará a zona de comida, de masaxes ou de entrega de premios, entre outras. Os ciclistas sairán do corazón de Tomiño para enfrontaranse a un percorrido que os levará pola serra da Groba ou Chan da Lagoa, con picos de importantes desniveis e puntos de dificultade 5, como a subida Canteras ou o tramo ‘Camiño de Cabalos'.

A saída será ás 09.00 horas e a duración da proba variará dependendo dos participantes, aínda que a media de duración son seis horas. Para facer que os participantes poidan desfrutar da proba sen contratempos habilitaranse diversos puntos de avituallamento.

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, recordaba esta mañá durante a presentación no Concello de Tomiño "o éxito crecente desta proba, que cada ano suma máis e máis participantes. Ver a saída con máis de 500 bicicletas dende o centro de Tomiño será un espectáculo único". Lembrou tamén que durante todo o día, de 07.00 a 18.00 h, a rúa A Guarda permanecerá pechada ao tráfico para o correcto desenvolvemento da proba.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones