Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 5.000 MOZOS E MOZAS UTILIZARON OS RECURSOS E PROGRAMAS DO ESPAZO XOVE DE TUI NO 2015

A nosa comunidade autónoma conta cun Coordinador de Información Xuvenil en Santiago e un total de doce Espazos Xove repartidos pola xeografía galega

A nosa comunidade autónoma conta cun Coordinador de Información Xuvenil en Santiago e un total de doce Espazos Xove repartidos pola xeografía galega

Fecha: 12 de Abril de 2016

Fuente: Xuventude - Xunta de Galicia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou as instalacións do Espazo Xove de Tui. Un recurso que empregaron máis de 5.000 mozos e mozas durante o pasado ano segundo os datos presentados na memoria de actividades do centro. Durante a visita, a titular do departamento autonómico, coñeceu de primeira man as actividades que se desenvolven nesta instalación, que forma parte de Rede galega de información xuvenil. Do total de usuarios, 35 corresponden aos músicos dos distintos grupos e solistas que utilizan o local de ensaio co que tamén conta o Espazo Xove.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, conta cun Coordinador de Información Xuvenil en Santiago e un total doce Espazos Xove, nos concellos de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Chantada, Vilalba, Viveiro e Ourense. Todas elas son oficinas de información xuvenil e de recursos para a mocidade nas que se desenvolven actividades formativas, culturais, deportivas, creativas e artísticas, de lecer e do eido do tempo libre e voluntariado.

Ademais, estes centros tamén colaboran coas asociacións xuvenís, centros educativos e entidades no asesoramento, posta en marcha e realización de actividades dirixidas aos mozos e mozas. Contan con espazos expositivos, de ocio e dotados con equipamento informático a disposición dos usuarios.

Así mesmo, son centros que participan no proxecto SIX+ Garantía Xuvenil, que ten como finalidade dar soporte e información aos mozos e mozas sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, especialmente no referente ao proceso de solicitude de inscrición. Tamén expiden para a mocidade o Carné Xove, o Carné de alberguista, o Carné de Estudante Internacional (ISIC), o Carné de Profesor Internacional (ITIC) e o Carné Internacional para Non Estudantes (IYTC).

Cecilia Vázquez sinalou que en conxunto, ao longo do 2015, estes trece centros levaron a cabo máis de 200 actividades propias e en colaboración con distintas entidades, sumando máis de 150.000 usuarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones