Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 700 deportistas, de todas as idades, encheron de color as rúas de Tomiño esta fin de semana

O Duatlón Popular contou coa participación de 300 rapaces e rapazas procedentes das catro provincias galegas. O Desafío Terras de Turonio rozou os 400 ciclistas

O Duatlón Popular contou coa participación de 300 rapaces e rapazas procedentes das catro provincias galegas. O Desafío Terras de Turonio rozou os 400 ciclistas

Fecha: 16 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

IV DUATLÓN POPULAR DE TOMIÑO
 
Tomiño acolleu esta fin de semana dúas probas deportivas de releve. ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño) coa colaboración do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), organizou o IV DUATLÓN POPULAR DE TOMIÑO, que se celebrou o sábado pasado.

Na categoría absoluta este cuarto duatlón, as persoas inscritas roldaron as 120, aínda que participaron 94, e no duatlón escolar, 277 na final galega, repartidas nas distintas categorías: benxamíns, alevíns, infantil e cadete.

A proba, consistiu en primeiro lugar,nunha carreira a pé e, seguidamente, un circuito en bicicleta, con diferentes distancias, segundo a categoría.
A saída foi para todos na rúa Colón, e a zona de transición e meta, na Rúa Daniel Calzado Poceiro.

A entrega de trofeos celebrouse na Praza do Seixo, literalmente abarrotada de xente, moitos familiares dos nenos e nenas participantes, e público en xeral.
 
 O programa do dúatlon escolar chegou o sábado ó seu fin coa disputa da final galega en Tomiño, proba na que participaron 277 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Os gañadores (individuais e clubs) das diferentes categorías foron:

Benxamín feminino: Lorena Patiño (Club Pinarium) e Náutico de Narón
Benxamín masculino: Damián Suárez (Natación Cedeira) e AD Fogar Carballo
Alevín feminina: Victoria Cons (Motobike Galaico) e Escola Javi Gómez Noya
Alevín masculino: Brais Picón (Arcade Inforhouse) e Escola Javi Gómez Noya
Infantil feminino: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Cidade de Lugo Fluvial
Infantil masculino: Alexandre Álvarez (Natación Pabellón Ourense) e Escola Javi Gómez Noya
Cadete feminino: Noelia Serantes (Náutico de Narón) e Náutico de Narón
Cadete masculino: Jorge González (Natación Riveira) e Cidade de Lugo Fluvial

 

En canto a proba popular desenrolouse coa participación de 94 participantes dos 112 inscritos, resultando gañadores na clasificación xeral:

Na modalidade feminina:

3ª - MARÍA FERREIRA GONZÁLEZ (O PORRIÑO)
2ª - BEGOÑA ARRANZ GONZÁLEZ (VIGO)
1ª - ANDREA IGLESIAS CARBALLIDO (GONDOMAR)


Na modalidade masculina:

3º - ISMAEL LAGO MONROY (MOS)
2º - BRAIS MISA GARCÍA (GONDOMAR)
1º - LUIS MIGUEL VELASQUES RAMOS (FERROL)

 

Este ano incrementouse moito a participación dos nenos ó ser aquí a final do campionato galego, se ven é certo que na absoluta houbo menos inscricións, debido en gran parte, a que había outras probas importantes noutros municipios, así como o campionato de España de Triatlon.


Dende ADETO queremos agradecer a colaboración de todas aquelas persoas voluntarias que cada ano se prestan a axudarnos así como a colaboración do Concello pondo os medios humanos e materiais precisos para celebrar esta proba. Tamén aquelas empresas que colaboraron con nós como son o Supermercado Froiz, o Ximnasio VYP, o Supermercado DIA, DIFERSA, COCACOLA e Lito Sport, e por suposto a todos os xuíces que un ano máis viñeron de FEGATRI, Polícia e Protección Civil Tomiño, etc.


IV DESAFÍO TERRAS DE TURONIO


Por outro lado, o domingo celebrouse o IV Desafío Terras de Turonio, maratón BTT por parellas organizada por Team Relay (con colaboración do Concello), unha proba non competitiva que tivo dúas modalidades: longa distancia (113 km) e ruta corta individual (67 km)., á que se apuntaron preto de 350 ciclistas de diferentes idades.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estivo situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberon afrontar un trazado de 104 quilómetros, polas serras de Argallo e da Groba.

 

Na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, e tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha data destacada no calendario a nivel nacional.


A beleza do percorrido e o reto de completar unha proba destas características animou a apuntarse a case 400 deportistas galegos e tamén varios de Portugal, Castela-León e Asturias, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones