Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE MIL CICLISTAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA V EUROCIDADE BTT

A organización contará con máis de 150 voluntarios

A organización contará con máis de 150 voluntarios

Fecha: 05 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Este domingo, 6 de marzo, a Eurocidade Tui-Valença albergará unha das probas máis participativas do ano, a V Eurocidade BTT, que tras pechar o prazo de inscrición o pasado martes, superou todas as expectativas, acadando unha cifra de inscritos superior aos mil participantes.

A Eurocidade Tui-Valença e os compoñentes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, están pechando os últimos detalles para que o domingo sexa unha espectacular xornada de ciclismo de montaña polos montes de Valença, Gondomar e Tui.

Ás nove horas españolas darase a saída dende a piscina municipal de Valença. Dende aí os mil participantes iniciarán o percorrido polas murallas de Valença, cruzarán a vella ponte internacional, entrarán a Tui en dirección a Areas, Malvas e Pexegueiro. Tras ascender cara ao Monte Tetón, gozarán das vistas do Monte Aloia, para descender polas míticas trialeiras desta marcha. Xa nas rúas de Tui, a partir das 10.30 horas españolas, os ciclistas percorrerán polo Paseo da Corredoira, rúas vellas, paseo fluvial, centro interfederado, e tras cruzar de novo a ponte internacional, os máis preparados, continuarán cara ao Monte Faro, para completar os setenta quilómetros da proba larga. Os menos osados, rematarán os 45 quilómetros nas instalacións da piscina municipal e o pavillón deportivo de Valença, onde poderán gozar dunha ducha quente e do famoso porco ao espeto portugués.

A seguridade da proba correrá a cargo da GNR e da Policía Local de Tui, dos Bombeiros Voluntarios de Valença, da Cruz Vermelha de Valença, da Cruz Vermella Española, e dos máis de cento cincuenta voluntarios da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas e dos diferentes clubs deportivos locais de Tui e Valença, que colaborarán neste evento deportivo.

O Concello de Tui solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas de Tui, para falicitar o tránsito dos ciclistas polas rúas da cidade, e apoiar aos participantes na súa visita pola Eurocidade Tui-Valença.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones