Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis internacional, máis cercano: así foi o 14º Play-Doc Festival

Unha edición con maior presencia de cineastas, programadores e críticos de todo o mundo e na que a veciñanza de Tui foi protagonista na gran pantalla

Ao redor de oito mil persoas pasaron polas proxeccións, talleres, concertos e actividades da décimo cuarta edición

Fecha: 03 de Mayo de 2018

Fuente: Play-Doc Tui

Ser un referente internacional. Ser un referente para a contorna. Entre eses dous eixos moveuse a 14ª edición do Festival Play-Doc, que rematou o martes 1 de maio. Unha edición, a máis longa da historia de Play-Doc con 6 días de programación, que aproveitou a ponte do primeiro de maio para extenderse en tempo e contidos, con alta afluencia de público. Ao redor de oito mil espectadores - a falta de concluír o reconto final da última xornada- pasaron polas proxeccións, actividades, concertos, ponencias, obradoiros e exposición fotográfica "Love, Despair and Longing" de Peter Emanuel Goldman. Un ano no que, ademais, contamos coa visita e presenza de máis acreditados internacionais e no que a cidadanía non só foi espectadora, senón protagonista da programación.

Ambos eixos son moi importantes para a dirección do festival. Por unha parte, a presenza de cineastas, críticos e programadores de prestixiosas institucións e revistas, outorga ao festival un maior recoñecemento internacional. Por outra parte, foi este un ano de estreitar vínculos coa cidade de Tui e agradecer tamén a resposta de veciñas, veciños, institucións, establecementos comerciais, etc no apoio ao festival desde o seu nacemento. Unha edición que non só convocou á veciñanza a asistir ás películas senón que a fixo protagonista das mesmas, coa recuperación, dixitalización e proxección de gravacións domésticas en colaboración con La Cinematográfica. De feito, a xornada de clausura do festival celebrou o Día do Cinema Doméstico cunha montaxe de 35 minutos de gravacións en súper 8 dos anos sesenta, setenta e oitenta realizadas por veciños de Tui que revive no Teatro Municipal o imaxinario colectivo da cidade. Perto de oito mil persoas pasaron polo festival durante os seis días de duración.

Destacan os directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, a xenerosidade dos cineastas e convidados ao festival, que comparten durante días a súa obra, experiencia e coñecementos co público, nun contacto directo difícil de conseguir noutros espazos. Un modelo de festival ambicioso na programación e con escala humana na formulación da mesma. Recoñecen desde a dirección do festival que moitas das figuras convidadas non saben con certeza o que se van atopar en Tui e voltan a casa con expectativas máis que superadas. Trinta convidados entre cineastas, programadores e críticos participaron nesta edición na que o director neoiorquino Peter Emanuel Goldman participou na súa primeira retrospectiva integral, pero con máis focos como o cine brasileiro de Aloysio Raulio e Ozualdo Candeias, o ciclo (Anti)heroinas con xoias case descoñecidas, o máis destacado e recente do cinema galego ou o seminario de crítica feminista con A Cuarta Parede. Unha edición de "cine libre" que como apuntaba a directora Sara García convidounos a "desviarnos do camiño convencional para entrar por canellóns menos seguros, pero infinitamente máis excitantes e moito máis interesantes"

Os directores do festival síntense especialmente orgullosos de conseguir que cada ano novo público se achegue a Tui, descubrindo por primeira vez o festival, e, ao mesmo tempo, contar cunha audiencia fiel desde as primeiras edicións.


Descentralizar a actividade cultural, levándoa fóra dos polos habituais, non é un obstáculo para que hoxe Play-Doc sexa un referente internacional. Tui revélase non só como o escenario idóneo para Play-Doc senón como un inestimable valor do festival pola súa escala e fermosura, de aí o enorme agradecemento do festival á implicación da cidade.

Desde a dirección do festival tamén se subliña a escolla do xurado de 2018 formado polo crítico e programador Roger Koza e polas responsables de programación da Cinemateca Francesa e da plataforma MUBI, Caroline Maleville e Chiara Marañón, respectivamente. De 5 películas en competición, o xurado outorgou o premio ex aequo a The Waldheim Waltz de Ruth Berckermann e Lamaland (Teil I) de Pablo Sigg, circunstancia que os directores do festival explican en boa parte pola altísima calidade de todos os filmes que competían. Por primeira vez na traxectoria de Play-Doc, o premio foi outorgado a dous filmes xa que o xurado considerou que " coas dúas películas, Play-Doc insta a súa audiencia a cuestionar as formas de representación no cinema contemporáneo e así mesmo a continuar cun traballo crítico sobre os conceptos de ficción e non ficción".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones