Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Marisa Irimia co contacontos -A pirata Escarlata- actúa este xoves en Tui co gallo do -Día da Biblioteca-

O sábado realizarase unha ruta literaria pola cidade guiada por Marga do Val e Rafael Sánchez Bargiela

O sábado realizarase unha ruta literaria pola cidade guiada por Marga do Val e Rafael Sánchez Bargiela

Fecha: 24 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tui

Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Dentro do programa de actividades para conmemorar esta data a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle precisamente este xoves ás 18 h a Marisa Irimia co contacontos "A pirata Escarlata". Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Achéganos á historia de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito e ao Pacto de Estado en contra da violencia de xénero.

O programa péchase o sábado cunha Ruta Literaria, que partirá ás 17 h dende a propia biblioteca, guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Farase un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses como a casa dos Álvarez Blázquez ou o monumento ao bispo Lago, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1973. A ruta pasará tamén polo Seminario Menor onde se formaron distintos poetas e escritores coma Teodosio Besteiro, e no seu transcurso poderanse escoitar poemas sobre o río Miño, como o de Manuel María.

Amais ao longo desta semana os usuarios da biblioteca tudense serán agasallados cun libro, descatalogado ou procedente de doazóns.

As actividades celebradas até o de agora tiveron moi boa acollida. Así o obradoiro de ilustración con Xosé Tomás, completou as quince prazas ofertadas, e a pasada semana máis de 60 persoas gozaron do espectáculo "A música da auga" co Bardo Abelardo.

Día da Biblioteca
A celebración do "Día da Biblioteca" é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones