Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Mártires de Sobredo; conmemoración do seu 98 aniversario

O acto, condicionado pola situación de pandemia, reduciuse a unha ofrenda floral

O acto, condicionado pola situación de pandemia, reduciuse a unha ofrenda floral

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Noviembre de 2020

Fuente: IEAMSO

No sábado 28 de novembro, nos 98 anos dos sucesos de Sobredo (Guillarei - Tui), realizouse o acto na memoria de Cándida Rodríguez, veciña de Pazos de Reis parroquia de Tui; e dos veciños de Salceda de Caselas, Joaquín Besada, de Soutelo e Venancio González Romero, de Budiño, Mártires de Sobredo; mortos en 1922, cando a Guardia Civil disolveu a tiros centos de persoas que se concentraron no lugar para protestaren polo embargo das súas propiedades a un veciño que se negaba a pagar os foros.

 

Eran momentos convulsos e dunha grande conciencia política que se exercía desde as múltiples asociacións agrarias; así, Sobredo  é desde hai case cen anos símbolo da unidade por defender o dereito a non pagar por traballar a terra, símbolo da importancia da solidariedade e do pobo para mudar o mundo.

 

Este ano a Covid-19 non permitiu celebrar o acto multitudinario de conmemoración que anualmente se convoca; por tal motivo reduciuse a unha ofrenda floral no monumento, realizada ao son antiga Marcha do Reino de Galicia. Participaron, enviando ramos e coroas, os Concellos de Tui e Salceda de Caselas; en representación das entidades veciñais e educativas:  o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural de Parderrubias e o IES San Paio de Tui; e, de organizacións políticas, Movemento Salceda, BNG e Galiza Nova.

 

Participaron na ofrenda o Alcalde e representación da corporación Municipal de Tui; o goberno municipal de Salceda; descendentes (bisnetas) de Cándida Rodríguez e unha comisión da Dirección do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), entidade organizadora desta conmemoración.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones