Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Mecalia Atlético Guardés mellor equipo galardoado na VI Gala do Deporte Feminino Galego

O mellor equipo galardoado foi o Mecalia Atlético Guardés, que o ano pasado logrou o fito histórico de ser o primeiro club galego de balonmán en proclamarse campión de Liga.

O mellor equipo galardoado foi o Mecalia Atlético Guardés, que o ano pasado logrou o fito histórico de ser o primeiro club galego de balonmán en proclamarse campión de Liga.

Fecha: 23 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A VI Gala do Deporte Feminino Galego, celebrada por primeira vez en Vigo, desbordou todas as expectativas e encheu ata a bandeira o Museo Verbum en Samil nun evento que foi unha auténtica homenaxe ás deportistas, clubs, entidades e iniciativas que no ano 2017 protagonizaron os maiores éxitos deportivos e se distinguiron polo seu traballo e apoio ao deporte feminino en Galicia.

Na súa intervención, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa emoción pola acollida e resaltou "a necesidade de reivindicar os éxitos das deportistas para seguir a fomentar a igualdade entre homes e mulleres, xa que o deporte é un ámbito que chega a moitos sectores da sociedade, especialmente a nenos e nenas". Silva baseou a súa alocución en datos obxectivos "que mostran que se miramos o número de licenzas federativas as mulleres somos minoría, pero en canto damos o salto, en canto chegamos, ocupamos rapidamente a elite. Por iso, dixo a presidenta provincial, é tan importante facer políticas e actividade para que iso ocorra".

Carmela Silva incidiu en como as mulleres o pasado ano bateron máis récords que os homes, e nos últimos Xogos Olímpicos máis medallas que eles. "Sen embargo, dixo Silva, as deportistas ocupan o 5% do espazo dos medios deportivos e moitas veces con termos e un trato denigrante, machista e indignante". A presidenta provincial, que puxo exemplos de titulares arrepiantes referidos ás deportistas, fixo un chamamento "para cambiar esta realidade e a base para facelo é o compromiso social. Aínda así, dixo Silva, xa estamos a cambiala a golpe de loita individual, colectiva e ao través das redes de mulleres"

A Gala, na que se conmemorou o décimo aniversario de Mudegá, promotora dos Premios, foi dedicada co moito agarimo á deportista viguesa Judith Rodríguez, a tiradora internacional de esgrima que aínda se recupera das graves feridas sufridas nun accidente de tráfico cando volvía de competir coa selección. O evento contou coa actuación musical de "Son Trío" e se entregaron os Premios ás mellores deportistas, clubs e iniciativas en favor do deporte feminino do ano 2017.

Premios
Como mellor deportista recibiu o galardón a xogadora de baloncesto María Pérez Araújo, que converteu o 2017 no seu ano de consolidación na elite do baloncesto. A mellor deportista con diversidade funcional foi Susana Rodríguez Gacio, subcampioa de Europa e do mundo en paratriatlón. Como mellor deportista feminina promesa foi premiada Melania Rodríguez, campioa do mundo en dobre minitramp e dúas veces campioa de Europa. O galardón para mellor adestradora foi dobre, para a seleccionadora técnica da Federación Galega de Taekwondo Noelia Pérez e para a adestradora de ximnasia Isaura Hermida.

O mellor equipo galardoado foi o Mecalia Atlético Guardés, que o ano pasado logrou o fito histórico de ser o primeiro club galego de balonmán en proclamarse campión de Liga. O premio á traxectoria deportiva foi para Marta Bobo, mellor ximnasta galega de todos os tempos. Zulema González foi recoñecida como mellor árbitra, despois de que en 2017 comezar a dirixir partidos de Primeira División Feminina.

Como mellor directiva foi galardoada Carmen Barro, que leva á fronte da Federación Galega de Karate dende 2009 e sempre apostando moi forte polo karate feminino. O Club Halterofilia Coruña foi premiado como mellor club despois de gañar, en 2017, todas as categorías dos campionatos de España nos que participaron os seus equipos femininos. O xornalista da Radio Galega Antonio López foi recoñecido como mellor xornalista do deporte feminino polo seu programa "Galicia en Tokio", onde pon voz a mulleres e homes olímpicos galegos.

Como institución pública amiga do deporte feminino recoñeceuse ao Concello de Pontevedra e á empresa privada Durán Maquinaria como entidade privada máis colaboradora co deporte feminino. Como mellor iniciativa a prol do deporte feminino houbo dous premios: o Grupo de Estudos de Xénero, Actividade Física e Deporte do INEF da Coruña e o programa didáctico da Universidade de Vigo "O xénero nos ollos". Na gala tamén houbo unha emotiva mención especial para recoñecer a espléndida traxectoria da atleta guardesa Julia Vaquero, unha das mellores deportistas galega de toda a historia.

Finalmente, Mudegá tamén fixo un recoñecemento especial ao Concello de Vigo polo seu traballo e compromiso coas políticas de igualdade no deporte, pola súa aposta pola promoción do deporte feminino e pola súa aportación á organización da Gala.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones