Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medallas para Luis Fernández e Emilio Rodríguez dos Teixugos na 1ª Copa de España

O Club Deportivo Miño-Teixugos participou con doce dos seus integrantes.

O Club Deportivo Miño-Teixugos participou con doce dos seus integrantes.

Fecha: 06 de Marzo de 2017

Fuente: Rosa Fernández

Espectáculo puro foi o que deron as principais figuras do piragüismo de augas bravas do panorama nacional esta fin de semana en Mondariz coa celebración da primeira das competicións da Liga Española de Slálom. Máis de 150 deportistas acudiron a cita nas augas do río Tea. Este ano as competicións teñen lugar en dúas xornadas, con clasificatorias e finais en ámbolos dous días, resultando as clasificacións da suma de puntos obtidos nos dous días.
 






O Club Deportivo Miño-Teixugos participou con doce dos seus integrantes. En K1 sénior feminino, Andrea González foi a mellor galega no décimo terceiro lugar, Marina Ruedas e Laura Soutelo remataron décimo oitava e décimo novenas respectivamente; nesta categoría resultou gañadora a campioa olímpica Maialen Chorrault, invencible coma sempre.
En K1 Júnior Feminino Laura Vaquero rematou no quinto lugar. Ariadna Pereira tivo participación dobre, en C1 e K1 Cadete feminino, rematando quinta nas dúas modalidades.

En C1 Sénior Luís Fernández obtivo o mellor resultado para o piragüismo galego ao facerse coa medalla de prata, solo superado polo olímpico Ander Elosegui. O sábado Luís entrou en finais e rematou terceiro, o domingo fixo tamén finais e nunha espectacular baixada rematou segundo. A suma de puntos e tempos valeulle a medalla de prata na categoría reina masculina. Brais Castro tamén entrou nas dúas finais, rematando sétimo, un moi bo posto tendo en conta que é o seu primeiro ano como sénior. Nesta mesma categoría Alejandro Ochoa, quedou décimo sexto.

A segunda medalla foi para Emilio Rodríguez en K1 Veterano. O segundo posto do sábado e o primeiro de domingo, fixeron que no cómputo final de puntos Emilio se alzara coa medalla de ouro.
 


En K1 sénior Manuel Ochoa, tamén no seu primeiro ano na categoría máxima, non tivo moita fortuna pois quedou as portas de finais nos dous días, rematando finalmente décimo. Na mesma categoría Alejandro Ochoa e Guillermo Martínez acabaron nos postos trixésimo segundo e trixésimo terceiro.

Pechou a participación dos Teixugos Marco Patiño en K1 Júnior cunha vixésima posición.

Na clasificación final por equipos o Atlético San Sebastián foi o gañador, seguido polo Cadí e o Santiagotarrak .O Deportivo Miño acadou o sexto lugar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones